​(VÍDEO) ‘As catro estacions’ da Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa estrea o videoclip ‘Vos meses do ano’, con ilustracións de Xulia Vicente e música de Magín Blanco.


|

A Mesa estrea o videoclip ‘Vos meses do ano’, con ilustracións de Xulia Vicente e música de Magín Blanco.



Chega setembro e con el o final do verán. Pasamos da area e as toallas ás follas na beirarrúa e as bufandas. Para a entada da nova estación, A Mesa pola Normalización Lingüística publica o videoclip ‘Os meses do ano’ nunha nova colaboración co artista Magín Blanco a partir do libro de ilustracions de Xulia Vicente ‘O tempo cronolóxico’.


Este é o quinto tema despois da publicación de ‘O abecedario’, ‘As aves’, ‘Os peixes e outra fauna mariña’ e ‘Otempo meteorolóxico’ encadrado dentro do proxecto didáctico da plataforma para que os máis pequenos da casa aprendan a chamar polo seu nome a todo aquilo que lle rodea dunha forma entretida e na súa lingua materna.


“A Mesa quere contribuír con estas publicacións para suplir a escaseza de mateirales didácticos en galego para a etapa de 3 a 6 anos, ante a gran cantidade de recursos que si existen en castelán e inglés”, afirma a plataforma, que lamenta a escasa implicación da Xunta respecto diso.


O videoclip está xa dispoñible en Youtube e o libro de Xulia Vicente pódese adquirir na web da Mesa e nas librerías galegas.  


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE