​Leite galego dinamizando a lingua galega

Feiraco, agora parte do grupo CLUN, e a Xunta volven a poñer en marcha unha campaña de promoción da lectura e do galego co gallo do Día das Letras. Fano a través programas Practica a LEITura, o VII Certame de Microrrelatos, as reedicións dos libriños De onde ven o leite? o Concurso-Exposición Letras Galegas 2017 e na V Carreira Camiño das Letras.


|

Feiraco, agora parte do grupo CLUN, e a Xunta volven a poñer en marcha unha campaña de promoción da lectura e do galego co gallo do Día das Letras. Fano a través  programas Practica a LEITura, o VII Certame de Microrrelatos, as reedicións dos libriños De onde ven o leite? o Concurso-Exposición Letras Galegas 2017 e na V Carreira Camiño das Letras.



Image gallery

Presentacioń da campaña de Feiraco


VII Certame de Microrrelatos

O Certame de Microrrelatos chega á súa VII edición para incentivar a creación literaria e animar a quen queira participar a compartir os seus textos desde a aplicación habilitada no perfil Facebook/Feiracolacteos. Á categoría de sempre -destinada a persoas adultas desde os 19 anos- engádese unha categoría infantil-xuvenil (dos 13 aos 18 anos) e proponse o texto “Subiu ata o faiado da casa e alí...” (A festa no faiado, María Victoria Moreno) para crear outro inédito e orixinal que non supere os 500 caracteres incluíndo os espazos.


O período de participación está aberto desde hoxe ata o 17 de maio no Facebook, onde se poden consultar as bases legais e os premios, que inclúen no caso dos primeiros senllas estadías de fin de semana no Pazo de Lestrove, por cortesía do grupo Pousadas de Compostela, que se une como entidade colaboradora da iniciativa, incluída na progración institucional Letras Galegas 2017 da Xunta.


Practica a LEITura

Tamén desde as redes sociais se pode participar na iniciativa Practica a LEITura, unha acción en marcha desde o pasado 23 de abril que ata o 27 de maio quere animar a todos os públicos a Alimentar un Xeito de Ser desde a lectura. A partir dun xogo de palabras, a idea é unir os bos hábitos alimentarios de consumo de leite coa práctica saudable da lectura e optar a un dos 150 exclusivos carteis vintage de Feiraco. Quen queira participar deberá adquirir unha caixa de leite da marca, en calquera das súas variedades, facerse seguidor/a do perfil oficial en Facebook e, desde a App da promoción, subir unha fotografía do tícket de compra.


De onde vén o leite?

Reedítanse estes dous libriños, dirixidos a escolares de infantil e primaria, cunha actualización de contidos para seguir ilustrando a cativada sobre os procesos de elaboración do leite desde a granxa á mesa. Os novos exemplares distribuiranse en centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen tamén os distribuirá na súa versión dixital desde as súas canles (entre elas, o Portal da Lingua Galega).


Colaboración noutras iniciativas arredor das letras

Para alén das inicitiativas sinaladas, Feiraco tamén colabora coa V Carreira Camiño das Letras cunha achega de produtos lácteos ás persoas participantes nesta carreira que sairá do Pico Sacro e chegará á Cidade da Cultura o 17 de maio para unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras e co simbolismo do Camiño de Santiago.


A outra colaboración, por segundo ano, é cos premios do Concurso-Exposición Letras Galegas 2018 que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca para centros de ensino e cuxos proxectos gañadores chegan a case 2000 puntos de Galicia e do exterior. Os centros que se fixeron cos galardóns deste ano, o CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo, A Coruña; e IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra, disporán de lotes de produtos lácteos de Feiraco.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE