A Mesa confía en que o programa xudicial Atenea incorpore o galego simultaneamente cando se active
A plataforma sinala que o uso do tradutor automático pode espertar "enorme desconfianza" en documentos que "non deberían dar lugar a malas interpretacións".
A Mesa pola Normalización Lingüística valorou a firma do convenio entre o Ministerio de Xustiza para o programa xudicial Atenea e remarcou que para que a incorporación do galego "sexa efectiva", ten que ser simultánea desde a activación do programa.
Nun comunicado, A Mesa mostrou a súa preocupación pola posibilidade de que se use a tradución automática, que xeraría "enorme desconfianza" nuns documentos que "non deberían cometer erros nin dar lugar a malas interpretacións".
A continuación, A Mesa indicou que a posibilidade de empregar tradución automática "foi sinalada" polo director xeral de Xustiza na súa comparecencia durante unha Comisión Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior.
Con todo, A Mesa criticou que a Xunta "seguirá usando" o programa do Ministerio de Xustiza, que "até agora impedía a posibilidade de uso directo do galego, a pesar de ter transferidas as competencias da administración de xustiza" e, como consecuencia, contar co seu propio programa de xustiza.
Escribe o teu comentario