España renuncia a participar en Eurovisión despois de que o certame admitise a Israel
Irlanda e Países Baixos tamén renuncian ao concurso da canción.
Durante meses, España foi, a nivel europeo, un dos países máis críticos con Israel desde que en outubro de 2023 comezase a ocupación militar da Franxa de Gaza e o bombardeo sobre a poboación civil que deixou decenas de miles de falecidos. O ataque terrorista de Hamás desatou unha resposta desmesurada e sen precedentes por parte do Estado sionista, co apoio de Estados Unidos e a resposta morna de Europa. O xenocidio sobre o pobo palestino ha tido a súa resposta en diferentes accións en forma de boicot, xa sexa a empresas que manteñen vinculos con Israel até á participación de equipos financiados con fondos israelís na Volta Ciclista. O último episodio do boicot chega en Eurovisión, da que se salgue a participación española.
TRES BAIXAS IMPORTANTES
Así se pactou despois de que a 95° Asemblea Xeral da Unión Europea de Radiodifusión (UER), organizadora do festival de Eurovisión, emita un ditame no que daba o seu visto e prace a que Israel participe na edición de 2026. A consecuencia directa a esta decisión é a renuncia de España, Irlanda e Países Baixos a acudir á cita.
O adeus de España significa, ademais, que RTVE non emitirá a final, tal e como vén de anunciar o ente público. Queda por saber se se celebrará finalmente o Benidorm Fest, festival do que ía saír o participante nacional e que xa dera a coñecer aos seus candidatos.
Eurovisión, que no seu día vetou a Rusia tras o inicio da invasión sobre territorio ucraíno, non foi igual de severa con Israel. Moitas voces opinan que o Estado israelí utiliza esta clase de eventos para lavar a súa imaxe. Ademais, despois de que o ano pasado o voto do público provocase un apoio unánime ao artista de Israel -destapando, de novo, a inxerencia israelí neste plebiscito-, o festival quedou tremendamente tocado e cuestionado.
O paso que marcan España, Irlanda e Países Baixos pode convidar a outras nacións, como Bélxica, a saír tamén do festival, que anunciou un paquete de medidas que modificará substancialmente o sistema de clasificación do concurso.
Escribe o teu comentario