Queremos Galego convida a todos os galegos a inscribirse para participar na manifestación do 17 de maio

Desde as plataformas 'Queremos Galego' e A Mesa pola Normalización Lingüística inciden na necesidade de “cambiar a política lingüística” en Galicia.


|

Desde as plataformas 'Queremos Galego' e A Mesa pola Normalización Lingüística inciden na necesidade de “cambiar a política lingüística” en Galicia.


Debido á emerxencia sanitaria, a concentración, que terá lugar na compostelá Praza do Obradoiro, deberá cumprir cun estrito protocolo no que se garantirá a distancia de seguridade.


Presentacion Accion 17M2021 QueremosGalego 04

Presentación da protesta do 17 de maio | Foto: Queremos Galego


Queremos Galego, plataforma cidadá composta por máis de medio milleiro de entidades, convocou esta mañá unha concentración na Praza do Obradoiro o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, para denunciar a situación na que se atopa a lingua do país e tratar de “revertila” por medio de mobilizacións sociais “para cambiar a política lingüística”.


Esta non será unha manifestación como viña sendo normal ata o pasado ano, xa que a crise sanitaria obriga a extremar as precaucionens. Os organizadores previron que a asistencia ao evento celébrese de forma ordeada e mantendo sempre a distancia de seguridade para cumprir coas normas sanitarias. Así, lembran aos interesados en asistir ás mobilizacións que deberán inscribirse previamete.


Marcos Maceira, presidente da Mesa e portavoz da organización, anunciou que a protesta levará por lema 'Queremos vivir en galego' e denunciou novamente que tanto a ONU como o Consello de Europa destacaron en senllos informes que o marco legal para o ensino en Galicia “non respecta a Carta Europea das Linguas, que na xustiza non se garante o uso do galego en calquera proceso ou as dificultades para a atención na administración pública".


Do mesmo xeito, quixo destacar a mobilización da sociedade galega ao longo dun ano tan convulso como este marcado polo coronavirus. Nese sentido, a campaña impulsada pola Mesa para a creación dunha canle 24 horas en galego de temática infantil e xuvenil logrou solicitar máis de 33.000 firmas.


“Temos un 17 de maio para celebrar os pequenos pasos e para reclamar avances nos que a administración da Xunta e do Estado teñen xa que atender as demandas da sociedade galega e das institucións internacionais", comentou Maceira.


"Queremos vivir en galego con toda liberdade, con total normalidade, sen límites, sen coaccións e sen exclusións. Poder usar e dispoñer da nosa lingua en todo e para todo, un dereito humano recolleito na declaración universal dos dereitos humanos, o pacto internacional dos dereitos civís e políticos ou a Carta Europea das Linguas, que para o galego aínda temos que conquistar día a día", conclúen desde a organización.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE