O catálogo da Mesa propón un Nadal para regalar libros e xoguetes en galego

A proposta da Mesa pola Normalización Lingüística inclúe roupa, contos, produtos gastronómicos ou experiencias. 


|

Juguetes
Foto: EP

 

Un ano máis, con motivo das festas do Nadal, desde A Mesa pola Normalización Lingüística puxéronse ao choio para reunir as mellores propostas do país para regalar este Nadal en galego e cunha gran diversidade de opcións. Para todos os gustos, grandes e pequenos, o catálogo da Mesa volve recompilar todas as alternativas para que as súas maxestades de Oriente teñan anotado todo o que van deixar debaixo da árbore. 

 

A intención da Mesa é, ademais de achegar ideas aos consumidores, "recoñecer as empresas que empregan con normalidade o galego no ámbito socioeconómico". Así, atopamos entre as súas propostas unha infinidade de xoguetes, xogos, libros, roupa, servizos profesionais, decoración, produtos gastronómicos e até experiencias para regalar unha sorprendente escapada.

 

O catálogo, totalmente gratuíto, está dispoñible na web da Mesa para a súa descarga. Marcos Maceira, presidente da entidade, incide en que con esta iniciativa, que forma parte do proxecto 'Abertos ao galego', "estamos a pór en valor a nosa lingua, a nosa cultura e tamén a nosa economía".

 

APOSTA POLA LINGUA

Na Mesa valoraron diversos aspectos para incluír ás firmas dentro do catálogo, como o uso do galego "tanto interna como externamente" ou a "solicitude de información e documentación en galego a provedores e administracións". 

 

"Todas as decisións que tomamos como consumidores e consumidoras teñen implicacións", lembran desde A Mesa, que pon como exemplo a compra dun produto fabricado en Francia e outro en Galicia. "Non ten as mesmas repercusións económicas, laborais ou ecolóxicas", manifestan. 

 

A continuación, desde a organización poñen o acento nunha serie de motivos polos que merece a pena pór en valor ás empresas que traballan en galego, que van desde o feito a que "quen escolle a nosa lingua tamén nos escolle a nós" até a aposta por empresas que "asumen a súa responsabilidade social", pasando polo feito de que "a lingua galega é unha marca de orixe e a orixe galega dos produtos é un sinal de calidade" ou o carácter artesanal e natural de moitos dos produtos dentro do catálogo. 
 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE