Críticos cos parques eólicos alertan do papel de Ventonoso

|

A campaña contra os eólicos en Ordes salpica de polémica a Ventonoso -entidade vinculada ao sindicato Unións Agrarias para defender os dereitos dos propietarios rurais donos dos terreos con potencial eólico- e ao PSOE local. A Coordinadora veciñal crítica cos muíños acúsaos de manipular aos ordenses a través de "agresivas charlas" nas que "o presidente de Ventonoso, entidade vinculada a Unións Agrarias, vaticina alegremente que en breve todos os veciños e veciñas estarán pelexados entre si polo suposto diñeiro que van traer os eólicos para a comarca, á vez que se presenta como a suposta salvación para xestionar esa suposta situación de conflito". Nin o PSOE nin Ventonoso responderon por agora o comunicado crítico da Coordinadora.



Dieguez ventonoso Screenshot from 2018 06 04 18 38 40

O presidente de Ventonoso, José Antonio Diéguez 


Todo nace a raíz do pleno no Concello de Ordes deste venres. Nel aprobouse a declaración institucional de comarca de Ordes libre de parques eólicos elaborada hai varias semanas polos alcaldes de Ordes, Mesía, Frades e Oroso. Houbo unanimidade, salvo un concelleiro do PSOE, que se abstivo a pesar das protestas dos veciños.


IMPACTO DA LEI DE FOMENTO DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS

Os críticos cos parques esperan que agora Mesía, Frades e Oroso aproben textos semellantes. Sería un revés para Green Capital Power, a empresa madrileña que, con capital saudita, está a tramitar varias estacións en Galicia -e en concreto nesta comarca- ao amparo da polémica Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais, que os ecoloxistas rebautizaran de "Lei de Depredación de Galiza".


Un revés que se pode quedar en algo simbólico, pois ao amparo da citada norma a Xunta pode declarar os parques de interese especial e darlles para adiante cunha tramitación urxente, sen que a opinión dos municipios sexa determinante. Os citados parques de Green Capital Power  deben estar en funcionamento en 2020 para recibir a garantía de prezo adxudicada na última poxa de renovables.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress