Un cura párroco contra un parque eólico de capital saudita
Gumersindo Campaña Ferrol, cura párroco das parroquias de Visantoña, Mesía e Filgueira de Traba, presentou este xoves no rexistro da Coruña as súas alegacións ao Parque Eólico de Pobra.
Gumersindo Campaña Ferrol, cura párroco das parroquias de Visantoña, Mesía e Filgueira de Traba, presentou este xoves no rexistro da Coruña as súas alegacións ao Parque Eólico de Pobra. Así o asegura a plataforma Coordinadora contra a Implantación de Parques Eólicos na Comarca de Ordes nun comunicado.
O citado parque está en trámite de consultas previas ante o Ministerio de Medio Ambiente. O párroco rexistrou un escrito de 19 folios que conteñen 19 alegacións e que ademais leva adxuntas un total de 1.639 firmas de persoas que mostran a súa oposición á implantación de parques eólicos na comarca de Ordes recollidas a través da citada plataforma.
CAPITAL SAUDITA
A empresa promotora do parque eólico, a madrileña Green Capital Power SL, que executa os megawatios logrados polo grupo Alfanar de Arabia Saudita na última poxa de enerxías renovables, comprometeuse publicamente hai unhas semanas a renunciar ao proxecto. Con todo, Green Capital Power lanzou case unha decena de novos parques, polo menos tres deles na mesma comarca que o de Pobra.
Directivos de Alfanar cun membro da familia real saudita
A Coordinadora contra a Implantación de Parques Eólicos na Comarca de Ordes inisiste en que é "fundamental presentar alegacións" porque a pesar das promesas da empresa, "continúa aparecendo en estado de Consultas Previas". Os ambientalistas razoan que tanto o Ministerio como a Xunta deben saber que "na comarca hai unha forte preocupación e oposición a proxectos deste tipo".
Algunhas empresas relevantes na zona, como a famosa granxa de leite ecolóxico Casa Grande de Xanceda e Finca Arosa tamén alegaron contra o parque.
Escribe o teu comentario