Os muíños dun novo parque eólico lanzan grandes pezas por centos de metros, denuncia En Marea Mondoñedo
Inagurado hai unha semana, o polémico parque eólico de Sasdónigas vai camiño da Fiscalía a iniciativa de En Marea
Inagurado hai unha semana, o polémico parque eólico de Sasdónigas vai camiño da Fiscalía a iniciativa de En Marea
O portavoz de En Marea Mondoñedo (Lugo), Manuel Xermade, avanzou que levará este luns a Fiscalía a situación do parque eólico de Sasdónigas, no que "un muíño leva semanas parado" porque "lle faltan pezas que se desprenderon e saíron voando".
Segundo asegura a formación nun comunicado, estas instalacións inauguradas hai unha semana supón un "desastre ambiental e social" perpetrado pola empresa Norvento. A compañía eólica de capital galego non respondeu por agora publicamente ás acusacións.
Por iso, En Marea Mondoñedo pide que o director xeral de Enerxía e Minas da Xunta, Anxo Bernardo Tahoces, explique "as medidas que adoptaron para concederlle a licenza de inicio de actividade" á compañía.
Ademais, apela ao Concello, gobernado pola popular Elena Candia, e á súa "obrigación de salvagarda do ben común dos veciños" despois de "dar o visto e prace" ao parque.
Así as cousas, En Marea adianta que este luns levarán estes os feitos á Fiscalía este luns "ante a pasividade do Concello e Xunta" e ante a "indefensión" dos veciños.
Escribe o teu comentario