O rural galego en pé de guerra, en Neda tamén. Roteiro reivindicativo contra o megaproxecto do Parque Eólico Caaveiro.

André Abeledo Fernández

André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xuño de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña.



Os gobernos non poden vender que loitan contra o despoboamento rural e logo destrúen   o noso medio ambiente, quen vai querer vivir nun parque eólico? Ninguén.




A veciñanza do rural de Neda afectados polo megaproxecto do Parque Eólico de Caaveiro saímos a protestar nun roteiro reivindicativo que rematou na Fervenza do río Belelle.


Veciños de Anca, Viladonelle e O Roxal saímos a camiñar para protestar contra o espolio do rural, contra as políticas que levan ao despoboamento e a destrucción do rural galego, das nosas paisaxes e o noso ecosistema.


O mal tempo no evitou que perto dun centenar de veciñas e veciños sairemos a defender a nosa terra, o noso presente e o futuro dos nosos fillos.


E non se trata de que as xentes do rural estemos contra da enerxía eólica, como queren dar a entender algunhas noticias mal intencionadas, tratase de que se nos respete como cidadans, non pode ser que no lugar onde se proxecta un parque eólico vivan persoas. 


Os gobernos non poden vender que loitan contra o despoboamento do rural, e logo facer por destruir o noso entorno, ¿quen vai querer vivir nun Parque Eólico?: ninguén. 


Os lemas da nosas protestas sonche ben claros: "EÓLICOS AQUÍ NON", "EÓLICOS ASÍ NON", "EÓLICOS NON, ALDEAS SI".


O que defendemos é o dereito a vivir na terra onde nacimos, o dereito a poder vivir no rural, o dereito dos nosos fillos a facelo si así o deciden, o dereito das aldeas galegas a seguir existindo. 

O rural coma noutras ocasións na historia, volve  organízase e Loitar, por dignidade e  responsabilidade,na defensa do seu modo de vida, do seu patrimonio natural e cultural contra aqueles que queren convertir a Galiza nun inmenso Parque eólico ó servizo do capital. Esta loita xa percorre toda Galiza de norte a sur, nun obxectivo común,  que por riba do beneficio do capital están as persoas e o medio natural.



Loitamos por dignidade e por responsabilidade. Contra aqueles que queren convertir a Galiza nun inmenso Parque eólico ó servizo do capital



Protesta contra el Parque Eu00f3lico de Caaveiro en Neda


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE