André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xuño de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña.
Para cando o envío de armas a Fronte Polisario, para que poidan defenderse e loitar contra a ocupación? Cando imos recoller fondos nos supermercados para os refuxiados saharauís?
A Fronte Polisario destrúe 2.500 minas antipersona e antitanques, ante diversos representantes internacionais nunha foto de arquivo
O Sahara Occidental está ocupado ilegalmente e militarmente por Marrocos, unha invasión, unha guerra, miles de desprazados, todo un pobo secuestrado na súa propia terra ou vivindo nos campamentos de refuxiados en Alxeria.
Marrocos ata chegou a levantar un muro da vergoña ao estilo de Israel, levou a mesma política de colonización que leva a cabo Israel en Palestina.
Onde estan as sancións económicas a Marrocos? Para cando o envío de armas a Fronte Polisario, para que poidan defenderse e loitar contra a ocupación? Cando se vai a prohibir a Marrocos participar en competicións deportivas? Cando imos recoller fondos nos supermercados para os refuxiados saharauís? Cando lles imos a dar a residencia? Cando se vai a prohibir a Marrocos participar nas competicións deportivas?
O Sahara Occidental foi entregado a Marrocos e o pobo saharauí foi traizoado unha e outra vez. España é o primeiro responsable, o Sahara Occidental era a Provincia número 53, os saharauís eran cidadáns españois cando Marrocos invadiu o territorio na chamada "Marcha Verde". As tropas españolas retiráronse dun modo vergoñoso condenando ao Sahara Occidental á ocupación e a unha guerra que non podían gañar, pois o seu exército, o exército español, abandonáraos.
España impón sancións a Rusia, pero a Marrocos non o fai. España está na OTAN e tamén os EEUU, pero Marrocos esta sendo armado e asesorado militarmente polos EEUU.
EEUU, o seu presidente Donald Trump, como último acto do seu goberno recoñeceu a soberanía de Marrocos sobre o Sahara Occidental. Pola súa banda Marrocos recoñeceu a Xerusalén como capital de Israel. E agora España recoñeceu a soberanía de Marrocos sobre o Sahara Occidental.
En política internacional, geoestratégia e xeopolítica, palabras como honra, xustiza, verdade, honestidade ou lealdade non teñen ningún valor; non ten nin corazón, nin vergoña.
Escribe o teu comentario