André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xuño de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña.
A definitiva traizón ao pobo saharauí, demostra a hipocrisía de Occidente. Ucraínos si pero saharauís non. Traidores!
Hipocrisía: Rexeitar a ocupación rusa de Ucraína e aceptar a ocupación marroquí do Sahara Occidental. Enviar armas aos ucraínos mentres traizoamos ao pobo saharauí, abrir as portas a refuxiadas ucraínas, mentres llas pechamos nos narices aos saharauís.
O "goberno máis progresista da historia", pasará aos libros de historia, por ser o que consumo a traizón definitiva ao pobo saharauí.
O Sahara Occidental foi traizoado unha e outra vez por España. Agora escribiuse un novo capítulo de vergoña "Made in Spain".
Venden que foi buscando a estabilidade nas fronteiras, di o PSOE, e os outros o mediron por rendibilidade electoral no caso de UP.
Pero nada pode tapar a vergoña de traizoar unha vez máis ao pobo saharauí e de entregar o Sahara Occidental a ditadura de Marrocos.
A autonomía do Sahara Occidental proposta pola Monarquía sátrapa de Marrocos, sen o dereito á autodeterminación, significa a adhesión do Sahara Occidental por parte de Marrocos, significa deixar sen capacidade de decisión ao pobo saharauí, e pasar por encima de todas as resolucións internacionais contra a ocupación ilegal, é un acto de TRAIZÓN e abandono da responsabilidade histórica que o Estado español ten para co pobo saharauí.
Vénme á mente cando en Tinduf, en novembro de 1976. Felipe González dixo aos saharauís : "A vosa experiencia é a de recibir moitas promesas nunca cumpridas. Comprométome coa historia. O noso partido estará convosco ata a vitoria final”. Que vergoña!
Alxeria chamou a consultas ao seu embaixador en Madrid polo cambio de posición do Goberno sobre o Sahara. Estan "moi sorprendidos" polo apoio de España ao proxecto de Marrocos. Como nos corte Alxeria o gas imos a cagar, ademais de traidores, son parvos dos collóns.
Por outro mado hai que lembrar unha vez máis a UP que o Goberno é un, para o bo e para o malo, e se non se pinta nada no goberno, se realmente ése un "0" á esquerda, para que estar?, polo salario ou pola cadeira de brazos?. Non se pode ser e non ser parte dun Goberno á vez, cando conveña.
A nova traizón do Goberno progre ao Sahara Occidental é unha canallada. O goberno "progre" español traizoa unha vez máis ao Sahara Occidental, por enésima vez. O Sahara Occidental foi ocupado ilegalmente e pola forza por Marrocos cando aínda era protectorado español.
Marrocos pasouse polo forro o dereito internacional e todas as resolucións e agora o Estado español únese aos EEUU e Israel para dar o visto e prace á ocupación definitiva.
EEUU reitera o seu apoio ao plan de Marrocos para o Sahara Occidental tras o respaldo español, que apoiou a iniciativa de Marrocos para o Sahara Occidental como a forma "máis realista" de resolver un conflito de case cinco décadas. TRAIZÓN con maiúsculas mentres lame as botas de EEUU.
A falsa esquerda tarde ou cedo tense que posicionar e cando se posiciona sae o "progre" que leva dentro, "non hai peor fascista que un burgués asustado". A definitiva traizón ao pobo saharauí, demostra a hipocrisía de Occidente. Ucraínos si pero saharauís non. Traidores!
Debemos recuperar a memoria sobre a nosa historia e entenderemos ata onde chega a nosa responsabilidade co Sahara Occidental, este non é un conflito alleo, foi creado por España e temos o deber moral de non esquecer a un pobo irmán. Goberno traidor!.
Viva o Sahara Libre!
Imaxe da Persistencia do Deserto de Fuco Reyes é un proxecto artístico e social para dar visibilidade aos refuxiados saharauís
Escribe o teu comentario