André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xuño de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña.
En tempos de crises as oligarquías prefiren unha esquerda descafeinada, aínda que que iso poida reforzar as filas da ultradereita e do fascismo.
A aposta de Pedro Sánchez, do PSOE, da patronal, dos medios de comunicación, e das elites sindicais vendidas de CCOO e UXT por Yolanda Díaz ten unha razón.
Yolanda é a liquidadora do que puidera quedar de esquerda organizada no Estado español, é a encargada de artellar outro novo espazo que acabe de diluir a esquerda na nada da inconsistencia.
A dereita mediática amósase preocupada polo dano que lle esta facendo a esquerda o non pechar filas detrás de Yolanda Díaz.
O PSOE está preocupado porque o "periodo de escoita", que non de negociación ou confrontación de ideas, proxectos, programas, etc, non chegue a bo porto. A dereita mediática, a patronal, as cúpulas sindicais vendidas, todos con Yolanda Díaz e o seu pragmatismo.
Porque en tempos de crise as oligarquías prefiren unha esquerda descafeinada, aínda que iso poida reforzar as filas da ultradereita e do fascismo.
Frases valeiras que deixan claro que o proxecto esta tamén valeiro:
Estamos como queremos.
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, pousa con alumnos antes dun encontro na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela nunha foto de arquivo
Escribe o teu comentario