André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xuño de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña.
Arquivo: O presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, intervén telemáticamente no hemiciclo do Congreso
Varios líderes comunistas ucraínos foron desaparecidos ou asasinados polos nazi-fascistas ucraínos
Non aplaudir a Zelenski un acto de dignidade en tempos difíciles para a dignidade.
Queda dignidade, pouca, pero queda algunha, non todos son palmeiros do poder e tacticistas que van para onde sopra o vento. Grazas aos que non aplaudiron, aos que non foron, aos que non se deixaron usar. Aínda sabendo que os medios de intoxicación irían a por eles.
Zelenzki ha ilegalizado polo menos 11 formacións políticas, entre as que destacan: "Plataforma de Oposición - Pola Vida", "Partido Sharia", "Noso", "Bloque de Oposición", "Oposición de Esquerda", "Unión de Forzas de Esquerda", "Estado", "Partido Socialista Progresista de Ucraína". "Partido Socialista", "Socialistas" e "Bloque de Vladimir Saldo", entre outros.
Ademais o Partido Comunista xa estaba prohibido en Ucraína desde 2014, e coa chegada de Zelenski ao poder seguiu prohibido.
Varios líderes comunistas ucraínos foron desaparecidos ou asasinados polos nazi-fascistas ucraínos, algo do que non informan os medios.
Non todo vale por un voto, nin sequera un aplauso.
Escribe o teu comentario