Parque éolico mariño flotante en Arteixo, solicita Iberdrola ao Ministerio de Transición Ecolóxica


Dos dous parques eólicos flotantes que Iberdola planea en Galicia, un estará fronte ás costas do municipio de Arteixo. Así se desprende da actualización da solicitude oficial de Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do Parque Eólico Mariño de San Brandán á que tivo acceso Galiciapress.


|

Dos dous parques eólicos flotantes que Iberdola planea en Galicia, un estará fronte ás costas do municipio de Arteixo. Así se desprende da actualización da solicitude oficial de Declaración de Impacto Ambiental  (DIA) do Parque Eólico Mariño de San Brandán á que tivo acceso Galiciapress.



Porto Exterior terreos de Repsol

Costa de Arteixo co Porto Exterior de Punta Langosteira, onde Inditex quere construír tres aeroxeradores


Iberdrola entregou os dous proxectos ao Ministerio para a Transición Ecolóxica o 27 de maio. Inicialmente, o Ministerio entón non detallou a localización dos parques, máis aló de indicar de que estarían en Galicia, un na provincia de Lugo e outro na da Coruña.


USO PARA As INSTALACIÓNS DE ALCOA?

Dado que unha das solicitudes leva o título de "Parque Eólico Mariño Flotante San Cibrao cunha Potencia Total de 490 MW e a súa Linea de Evacuación a subestacións en terrestres en Galicia", o lóxico era pensar que estará fronte á vila de San Cibrao, no concello lucense de Xove. Consultadas por Galiciapress, fontes oficiais de Iberdrola confirmaron que, efectivamente, estaría no áera de influencia do porto de San Cibrao.


Alí están as enormes instalacións portuarias de Alcoa, cuxa presencia en teoría facilitaría a ensamblaxe das balsas cos aeroxeradores. A zona é ademais una de as áreas máis favorables para a éolica mariña en Galicia, polas súas condicións de vento, segundo un estudo recente de Asime.


O MISTERIO DE SAN BRANDÁN

A outra solicitude leva un nome máis misterioso: "Parque Eólico Mariño Flotante San Brandán cunha Potencia Total de 490 MW e a súa Linea de Evacuación a subestacións en terrestres en Galicia". 


Non hai ningún topónimo na costa coruñesa que se chame San Brandán, ou polo menos non hai ningún topónimo destacado.  San Brandán é o coprotagonista dunha lenda celta sobre unha isa desaparecida que inspirou a varios negocios coruñeses para escoller marca.


Iberdrola nunca confirmou oficialmente onde estará ese parque, a pesar das preguntas de Galiciapress, aínda que si o de San Cibrao. Con todo, o misterio desvaneceuse ao publicar agora o Ministerio que o "ámbito de aplicación xeográfica" é "Comunidade autónoma: Galicia Provincia: A Coruña Municipio: Arteixo".


Arteixo é sede do Polígono de Sabón e alí hai, precisamente, un punto de interconexión á rede eléctrica. Segundo adiantou no seu día Economía Dixital de Galicia, Iberdrola seleccionara Sabón como punto de evacuación de electricidade para un parque eólico. No caso de San Cibrao, debido ao xigantesco consumo de electricidade de Alcoa, suponse que alí xa hai conexión suficiente.


A produción que será enorme, en comparación cos típicos parques eólicos das serras galegas, que adoitan andar polos 20 -40 MW. San Brandán e San Cibrán terían 490 MW cada un, unha potencia superior á que produciu no seu apoxeo a defunta central térmica de Meirama alimentada co carbón das Encrobas (457 MW).


PESCADORES E ECOLOXISTAS CHAMADOS A DAR A súa OPINIÓN

Terían porque non hai a seguridade de que os plans non queden en papel mollado.


En primeiro lugar, porque agora empeza un complexo período de avaliación ambiental que pode facer descarrilar os proxectos. O Ministerio xa remitiu a documentación para as consultas a ducias de entes, algúns dos cales poden non estar do todo a favor dos muíños na mar. 


Por exemplo, a Federación Provincial de Cofradias De Pescadores de Lugo e a Federación Provincial de Cofradias da Coruña. As dúbidas sobre o impacto dos parques mariños nos caladoiros galegos é un dos factores que explican que o país non desenvolvese aínda ningún proxecto. 


O Ministerio tamén pedirá opinión a colectivos ecoloxistas como ADEGA, Ecoloxistas en Acción ou a Federación Ecoloxista Galega. Está por ver como reacciona o ecoloxismo galego á chegada de case 1.000 MW de enerxías renovables pero xa hai voces, como a de Sociedade Galega de Historia Natural que lembraron en Nós Diario que "toda a costa galega é zona de paso de milleiros de aves, atei 5.000 por hora". 


MESMA ZONA QUE O PARQUE QUE PIDE INDITEX?

O segundo factor que determinará a sorte dos proxectos é o financiamento. É moi probable que Iberdrola solicite fondos Next Generation da Unión Europea para realizalos. 


Fondos Next Generation aos que, por certo, tamén aspira Inditex para o seu parque eólico, non flotante, pero si case mariño, pois planea tres aeroxeradores para o dique do Porto Exterior de Punta Langosteira.  


Dique que tamén está na costa de Arteixo. Por tanto, hai dous grandes proxectos diferentes de eólica  para a costa de Arteixo, un na chaira de levante do Porto Exterior (Inditex) e outro a unha ducia de quilómetros da costa (Iberdrola) .


Os dous competirán tamén probablemente polo diñeiro de Bruxelas. Quizais ese sexa o motivo da opacidade sobre a localización exacta do parque flotante de San Brandán.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE