Next Generation

Gestoras del agua advierten que hay que invertir mucho más para paliar las sequías

El PERTE del agua, que supondrá una inversión de 3.400 millons para digitalizar el sector, no basta para paliar los serios déficits de inversión que arrastran las infraestrucutas del agua en España, según un nuevo informe de la Asociación de Gestores Urbanos del Agua. Este ente llama a fomentar la colaboración público-privada para afrontar un cambio climático que convertirá las sequías en un problema más frecuente y más extremo. 

Diego Sande: "O capital non ten patria pero quen toma as decisións sobre ese capital si"

O profesor de Economía Aplicada da USC Diego Sande Veiga é un dos maiores expertos sobre a aplicación de fondos europeos. Nesta entrevista con Galiciapress  ao fío do seu novo libro -As fugas de recursos, mito ou realidade colonialista en Galicia?- , aborda cuestións como o desencanto que senten moitos galegos coa Unión Europea, cuestión crave na presente campaña electoral. Na súa opinión, o diñeiro de Bruxelas axudou nalgunhas cuestións, como na capitalización das empresas, pero tamén non logran frear algunhas dinámicas de desequilibrio territorial. A aplicación dos fondos Next Generation, o debate sobre a enerxía eólica ou a relevancia da orixe dos investidores da celulosa de Altri en Palas de Rei son outros dos temas desta conversación.

A planta de Altri en Palas pende dun fío polas subvencións que enfrontan a Xunta e Moncloa

A empresa portuguesa aínda está á espera das axudas públicas pero o Goberno de España advirte que non recibirá un plan de apoio específico, algo que levanta as críticas dunha Xunta que denuncia que o Estado está a discriminar a Galicia. De fondo, as eleccións xerais este verán.

Inés Rey (PSOE A Coruña): "A vivenda é un dereito que debemos garantir, non pode ser un ben de luxo"

Inés Rey confésase máis nerviosa nesta precampaña que hai catro anos, cando logrou que o PSdeG volvese á alcaldía da Coruña. Non tanto polas enquisas -que debuxan un escenario moi favorable- como pola responsabilidade de aproveitar unha oportunidade única, a chegada de decenas de millóns de axudas europeas para modernizar a urbe facéndoa máis sostible. As Zonas de Baixas Emisións, o futuro do PSdeG ou as opcións do Dépor de ascender directamente -e o pasado conflito coa directiva- son algúns dos temas desta conversación, parte da serie de entrevistas cos alcaldables urbanos que está a publicar Galiciapress.


 

Josep Sánchez Llibre: "O Presidente Pedro Sánchez debe liderar un pacto de rendas dentro do diálogo social"

Catalunyapress entrevista ao presidente  da principal patronal catalá, Foment do Treball, sobre o futuro da economía e as contas presentadas polo Estado e a Generalitat. As eleccións á CEOE e a polémica sobre si é factible baixar impostos cando estamos ante o que ve como  a maior crise en Europa desde a II Guerra Mundial son outros puntos desta conversación. 

A CUT critica que Stellantis ameace con pechar en Vigo e a Xunta di que sen máis axudas do Estado corre perigo
Lamenta que o Perte do Vehículo Eléctrico "non responda as necesidades" do principal produtor de automóbiles en España
Kit Digital: El plan de subvenciones más extenso de la historia explicado por el director de Red.es


La agenda del director general de Red.es se parece últimamente a la de una estrella del pop. Cuando Alberto Martínez Lacambra recién ha terminado una presentación en Santiago de Compostela parte raudo para otro evento similar en Vigo. 

Galicia, quinta autonomía que recibe máis fondos europeos Next Generation e quinta autonomías con máis poboación

Ten razón a Xunta cando denuncia que o Estado está descriminando a Galicia na repartición dos fondos europeos? Por agora as cifras non lle dan a razón. Andalucía, Cataluña, Madrid, Valencia e Galicia son as cinco autonomías máis poboadas de España e son tamén por ese mesma orde as que máis diñeiro están a recibir.

​Luís Álvarez (PSdeG): “A fábrica de fibras téxtiles dos fondos Next Generation debe estar na Mariña de Lugo”

O PSdeG estreou o mércores portavoz parlamentario. É o lucense Luís Álvarez, parte do novo equipo de Valentín González Formoso, quen rexeita a crispación que consome a vida política actual. Nesta entrevista, o deputado rebate as acusacións de repartición a dedo dos fondos europeos que enarbora o PPdeG, a quen en todo caso tende a man para chegar acordos en temas como o financiamento autonómico e o reforzo dos servizos públicos. O futuro político de Besteiro e o proxecto de fábrica téxtil de Altri son outros dos puntos desta conversación.

Primeira lea coa repartición dos fondos Next Generation coa polémica sobre os plans de turismo
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, manifestou este martes a súa "perplexidade" pola nota de prensa emitida o luns polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para negar que se acordase co Goberno galego a lista definitiva de plans de sustentabilidade turística do litoral. De feito, o responsable autonómico sospeita de que responde a "presións" ou "a algún tipo de toque ou rifa posterior".
​Galicia a nova lambetada do fondo especulativo EQT

A auga, un elemento crítico para calquera estado do benestar que se prece, corre o risco de ser operada en España por fondos especulativos como EQT Partners cuxo obxectivo é conseguir grandes rendibilidades a curto prazo sen compromiso social nin ambiental nestes tempos de loita contra o cambio climático.

A gran fábrica de fibras téxtiles estará na provincia de Lugo, promete Feijóo durante o Debate de Estado da Autonomía

A nivel de medidas concretas, o máis relevante é a promesa de garderías gratuítas para o primeiro fillo, a promesa dunha gran fábrica de fibras téxtiles para a provincia de Lugo e a confirmación do fin de estado de emerxencia sanitaria.

Miles de novos empregos nunha posible fábrica de fibra téxtil da man de Altri e Impulsa Galicia

A factoría de lyocell depende da consecución dos fondos Next Generation da Unión Europea e está apadriñada por unha sociedade na que participa a Xunta. É o segundo proxecto de fibras téxtiles vexetais planeado en Galicia, pois Inditex tamén manexa unha candidatura simila. 

Proxecto pide axuda para recuperar para a produción o terreo equivalente a 13.000 campos de fútbol
Feijóo destaca que a manifestación de interese de proxectos do sector primario para optar a fondos europeos evidencia a demanda de terra
Parque éolico mariño flotante en Arteixo, solicita Iberdrola ao Ministerio de Transición Ecolóxica


Dos dous parques eólicos flotantes que Iberdola planea en Galicia, un estará fronte ás costas do municipio de Arteixo. Así se desprende da actualización da solicitude oficial de Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do Parque Eólico Mariño de San Brandán á que tivo acceso Galiciapress.

A Xunta quere unha planta de biocombustible en Endesa As Pontes que segundo os traballadores é inviable
Sindicatos critican falta de avances na reunión deste mércores porque non hai garantías para manter o emprego para partir do 30 de xuño
Galicia conta con máis de 600 propostas do sector agroalimentario e primario para os 'Next Generation'
Un total de 637 proxectos foron recibidos por parte da Xunta para optar a fondos europeos 'Next Generation' no ámbito do sector primario e agroalimentario, segundo detallou o conselleiro do Medio Rural, José González.
Ecoloxistas e veciños alertan da entrega do mando dos fondos europeos Next Generation ao gran capital
Unha plataforma na que se integran numerosos grupos ecoloxistas, sociais e veciñais, entre outros, esixe "unha repartición xusta" dos fondos europeos, á vez que critica a sociedade para o impulso de proxectos estratéxico constituída pola Xunta con Abanca, Sogama e Reganosa.
Inditex desembarca na enerxía cun parque eólico para o que pide diñeiro dos fondos Next Generation
A súa creación está vinculada ao proxecto para a xeración de enerxía sostible para autoconsumo na sede e o Porto Exterior da Coruña
Viratec lanza unha oficina de captación de fondos e Conde convida a agrupación industrial a competir polos fondos Next Generation

O cambio de modelo produtivo non é unha cuestión que deban abordar só as grandes compañías, é algo no que se debe implicar toda a sociedade, fomentando a colaboración pública-privada. Esta é un dos temas que se abordou hoxe na primeira Asemblea Ordinaria de Viratec, o recentemente creado Agrupación industrial Galega de Solucións Ambientais e Economía Circular. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE