A veciñanza de Carballo, Coristanco e Santa Comba incia alegacións contra o parque eólico

"A instalación destas infraestruturas afectaría de forma grave tamén a nivel ambiental"


|


Xuntanza plataforma non eolicos bustelo campelo montetoural 2018 08 21 002


A plataforma veciñal Non Eólicos Bustelo - Campelo - Monte Toural reuniuse este martes cun centenar de veciñas e veciños afectadas pola instalación dos tres parques eólicos que se pretenden instalar nos concellos de Coristanco, Carballo e Santa Comba. 


Acompañadas por representantes de distintos grupos políticos "ensinando o seu respaldo ás reivindicacións da veciñanza", as persoas reunidas puxeron en común as alegacións que se están presentando. Tamén expuxeron alegacións sobre a contaminación dos campos electromagnéticos e o ruído dos parques que o longo da semana, segundo informa a plataforma, presentará "un gran número de veciñas e veciños".


"A instalación destas infraestruturas afectaría de forma grave tamén a nivel ambiental, xa que, ademais da deforestación nos arredores, existen varias especies, tanto animais como vexetais, recollidas no catálogo de especies protexidas, algunhas delas con categoría de especies en perigo de extinción", expón a plataforma. 


Así mesmo, a reunión serviu para tratar as posibles actuacións futuras, que pasan por "seguir sumando apoios" de veciñanza, colectivos e institucións públicas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE