Aberta nova estrada para ir á Costa da Morte sen entrar en Santiago
A variante de Aradas, que comunicará o Polígono do Tambre en Santiago coa estrada que vai cara a Santa Comba e Carballo, entra en servizo este luns, 4 de febreiro.
BENEFICIO PARA VITE
As obras desta infraestrutura comezaron en setembro de 2017 e servirán para desviar a uns 4.000 vehículos diarios, a metade deles camións, que na actualidade deben atravesar os barrios composteláns de Vite e Vista Alegre. A día de hoxe teñen que entrar en Santiago por Vite para vir ao Tambre, poderán facelo pola noticia variante, que contará con 1,6 km e un investimento de 6,9 millóns de euros.
Esta vía, reivindicada historicamente durante anos por empresarios do polígono, conta con algo máis de quilómetro e medio, arrinca cunha rotonda no cruzamento coas estradas de Santa Comba e Trazo, que estará iluminada e contará con senda peonís para os veciños. A Consellería convocou unha camiñada para a súa estrea.
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, destaca a "importante" investimento do Goberno galego de máis de seis millóns de euros para a posta en servizo desta infraestrutura.
Escribe o teu comentario