Promocionar e coidar as especies da Costa da Morte a través dun novo catálogo colaborativo
O colectivo Salvemos Cabana, un dos grupos ambientalistas máis activos do país, lanza un proxecto para catalogar e difundir as especies máis representativas da Costa da Morte.
O colectivo Salvemos Cabana, un dos grupos ambientalistas máis activos do país, lanza un proxecto para catalogar e difundir as especies máis representativas da Costa da Morte.
Bolboreta cola de anduriña (Papilio machaon) en Cabana de Bergantiños nunha foto de Asociación Salvemos Cabana
A asociación explica que colaboradores encherán un "sistema de fichas estandarizado" co fin de ter información coa que achegar ao público a natureza. Ademais, o sistema ten un protocolo especial para alertar da presenza de especies invasoras que poidan supoñer unha ameaza para o hábitat local.
"Costa daMorte, terra e vida", que así se chama a iniciativa, establecerá tamén un mecanismo de "especie destacada" para incidir en certos supostos onde é necesario insistir na protección ambiental, ás veces en detrimento de a expansión urbanística, para protexer lugares e seres especialmente valiosos.
Escribe o teu comentario