Incendio nunha hamburguesería de Santiago deixa danos importantes no local

Os efectivos de extinción trasladáronse ao local ao redor das 22.00 horas ao local tras unha chamada de traballadores do mesmo, que tentaron sufocar as chamas sen éxito
 


|

Un incendio originado en una hamburguesería de Santiago, a 25 de octubre de 2025.
 

Un incendio nunha hamburguersería, orixinado na noite do venres no centro de Santiago, provocou danos importantes no local e deixou a súa cociña inservible. Até alí mobilizáronse efectivos de bombeiros e da Policía Local, que acordoou parte da praza de Galicia até as primeiras horas da madrugada.

O lume orixinouse na grella do local, aínda que se aínda descoñece o motivo, segundo explican os Bombeiros de Santiago a Europa Press. Con todo, identificaron un incendio por fuga de gas, que podería ser orixinado despois.

Os efectivos de extinción trasladáronse ao local ao redor das 22.00 horas ao local tras unha chamada de traballadores do mesmo, que tentaron sufocar as chamas sen éxito.

Ao chegar, viron fume desde a rúa perpendicular e tamén desde a porta principal. Ademais, había veciños que abandonaran as súas vivendas por si mimos; aos que non o fixeron, recomendáronlles non saír delas.

Nun principio, as condicións eran complicadas para entrar, debido ao fume, calor e obxectos colocados polo medio. Por iso, necesitaron ventilar o local para gañar visibilidade durante os traballos.

Os Bombeiros, que indican que foi unha extinción complicada, sinalan que o lume provocou importantes danos e deixou esnaquizada a cociña. Sobre as 23.00 horas, o incendio xa estaba controlado. Con todo, non abandonaron o lugar até as 01.00 horas, despois de realizar as últimas revisións.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE