Escritor nado en Cabana de Bergantiños, administrador de Noticias Bergantiños, A Costa Verdescente e Poesía Galega Ceibe, entre outras páxinas e grupos. Actualmente é locutor do programa radiofónico Faros de radio Roncudo Corme e colabora como redacción para 21noticias.com na Comarca de Bergantiños, ademáis é articulista de opinión na prensa dende hai varias décadas. (foto de Arquivo AELG - distrito Xesmar)
De todas as partes do mundo chegaron botellas de plástico, bolsas con letras extranxeiras e toda clase de residuos artificiais que, por arte de maxia, quedaron esparcidas pola beira do mar.
Érase unha vez catro amigos que facían sendeirismo nunha asociación sen ánimo de lucro chamada “ Camiño de Santiago” que, iluminados polo fume dun pitillo verdescente, decidiron copiar esa ruta compostelana pero unindo os faros da “Costa da Morte “ polos carreiros dos acantilados máis perigosos de Galicia.
Neste conto imaxinario esquencín engadir que só quedou de Xefe tribal, un só deses catro coleguillas e, aproveitando a circuntancia, a circunstancia do seu liderazgo dictatorial, empezou a rentabilizar esa ruta entre faros. Camisetas e bonecos vendéronse ata nas gasolineras e o carto caía maxicamente nos petos do líder espiritual dos sendeiristas da tribu das flechas verdes. Mais certo día, Costas e Medio Ambiente, decidiron non homologar esa ruta desastrosa por defectos graves no seu trazado: como pasar por encima das dunas, polo perigo que supón andar polos carreiros dos acantilados ou por pasar por propiedades privadas sen permiso dos donos.
Ata lle plantificaron señales xigantes de prohibido o paso, cousa que ninguén respeta. Mais taxistas e restaurantes seguiron pagando o imposto revolucionario, en B, para seguir financiando ese fermoso soño de destruir a paisaxe costamorteña para lucro de catro hostaleiros e un gurú afeccionado a vivir do aire. Sen axuda de ninguén, as dunas dos nosos dous Montes Brancos, seguiron co seu silencio milenario e as pillaras e correlimos fuxiron sen maleta. De todas as partes do mundo chegaron botellas de plástico, bolsas con letras extranxeiras e toda clase de residuos artificiais que, por arte de maxia, quedaron esparcidas pola beira do mar.
Mais no mes de febreiro, deste mesmo ano, outro iluminado, tamén de fora, que visitou no verán a famosa “ruta dos guarros” ocurréuselle vender roupa de marca co nome dunha plaia laxense, pero ….. made in Bangladesh, porque aquí na nosa comarca non hai costureiras, e o negocio de explotar e destruir o patrimonio natural da Costa Verdescente seguiu o seu camiño en dirección a beira dos acantilados sen que ninguén poidese pararlles os pés. Mais no meu soño que hoxe vos conto aquí aparece unha administración, eficiente e decente, que decide intervir e poñer cancelas e medidas eficaces para facer cumplir os ordenamentos lexislativos que xa estaban contemplados nas leis que eles mesmos estableceron fai unha década. E soñei cunha costa sen eólicos dañando a paisaxe, dunas certamente protexidas [ como as de Razo-Baldaio, Corrubedo ou as de San Xurxo de Cobas de Ferrol,], paseos só polas rutas xa establecidas legalmente polos propios concellos costamorteños e, tamén soñei cunha beiramar, limpa e inmaculada, libre de plásicos e sendeiristas desaprensivos como aquela costa que recordo cando eu era mais xoven. Pero desgraciadamente despertei e decateime que todo esto só era un fermoso soño. Porque os soños ….soños son.
Escribe o teu comentario