Comeza a tempada para ver a fervenza do Ézaro iluminada pola noite, que deixa estampas espectaculares
Coa celebración de San Xoan ábrese a tempada para poder gozar dun espectáculo único en Galicia e en toda Europa.
Coa celebración de San Xoán ábrese a tempada para poder gozar dun espectáculo único en Galicia e en toda Europa.
O Ézaro, unha marabilla natural da que só pode presumir a nosa comunidade en todo o continente, é un dos lugares máis visitados polos turistas no verán.
40 metros de salto para acabar directamente no mar. A fervenza do Ézaro, talvez as máis famosas de toda Galicia, son, ademais, as únicas do continente que desembocan directamente no mar. Un agasallo da natureza que sitúa a este enclave da Costa da Morte entre os lugares favoritos dos turistas e que no verán deixa algunhas das postais máis bonitas da nosa comunidade.
INICIO POR SAN XOÁN
Esta semana ábrese ademais o calendario para poder gozar delas de noite, un luxo que só pode gozarse nunhas poucas datas pero que permite ver a esta icónica fervenza de Dumbria dunha forma única. Os sábados e vésperas de festivos do verán son as xornadas marcadas en vermello deste evento que poderá contemplarse a partir do 23 xuño ás 23 horas.
Ao tempo, será a primeira vez que se recupere este acontecemento despois de dous anos paralizado pola pandemia, que obrigou a realizar unha serie de restricións neste enclave que resulta todo un reclamo para os turistas independentemente da estación do ano na que nos atopemos.
VISITA DESDE A auga
Un evento que, cabe destacar, tamén podemos gozar desde a auga. Exiten varias alternativas para poder realizar o roteiro pola vía marítima.
O Xallas desemboca directamente no Atlántico desde este famoso salto de auga, cun caudal que, dependendo da época, deixa unha paisaxe distinta cada vez. Ademais, os días de fortes choivas ou nos que se abren as comportas da presa do encoro que coroa o Ézaro, a imaxe que pode deixar a fervenza remontando con axuda do vento pode ser realmente incomparable.
Escribe o teu comentario