Éxito da recollida de minas contra o proxecto mineiro de Atalaya Minning e Cobre San Rafael en O Touro - O Pino. Unha das asociacións veciñas críticas coa reapertura anuncia que mañá entregará "máis de 26.000 firmas" no rexistro da Xunta.
A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos aplaude que todos os grupos municipais posiciónense contra a polémica planta de Toysal. Iso si, tamén constanta -e respectan- que non hai consenso político sobre como parar o proxecto.
Os accionistas de Atalaia Minning, a multinacional que financia a reapertura da polémica mina de Touro, reelixiron onte a Jose Nicolas Sierra Lopez como un dos seus directores.
A Platorma Mina de Touro-O Pino Non viaxou a Londres xunto a Ecoloxistas en Acción, London Mining Network, ContraMINAcción, Yes to Life no to Mining e Gaia Foundation para asistir á Asemblea Xeral de Atalaya Mining, a empresa mineira de Touro
Un grupo de traballadores de Explotacións Galegas, F. Gómez, Tratamentos Ecolóxicos do Noroeste, Tecnoloxía e Reciclaxe de Materiais e Centro de Valorización Ambiental do Norte defende a reapertura da polémica mina de Touro - O Pino. Fano nun comunicado no que alertan de consecuencias "dramáticas para as familias da zona" se se para un proxecto "con importantes posibilidades de futuro".
Os críticos coa mina de Touro levan as súas protestas ata o Reino Unido. É na bolsa da capital británica onde cotiza Atalaya Minning, a multinacional que financia a reapertura do proxecto en Touro - O Pino.
Activistas da organización desempeñarán distintas accións ao longo da semana para rexeitar o proxecto que consideran que "podería afectar moi gravemente á calidade das augas desta ría para o seu sustento"
Cobre San Rafael non se dá por vencida. Promete modificar o seu proxecto para lograr informes positivos da Xunta, moitos dos cales son ata agora moi críticos coa reapertura da mina de Touro. Ademais, presume de que hai máis alegacións a favor da mina que en contra, pese admitir que non pode cuantificar as alegacións negativas.
O Goberno segue nadando entre dúas augas na polémica da mina de Touro - O Pino. Por unha banda deféndea, asegurando que non hai perigo para o Ulla, e por outro recoñece que non poderá saír adiante con informes negativos, como os que hai sobre a mesa ata agora. De paso, responde as críticas sobre a cobertura da TVG atacando a Podemos.
Edgewater non logrou sacar adiante a mina de Corcoesto, din os canadenses, por non ceder á chantaxe para dar parte do negocio a un socio local. Analizamos quen é o socio local de Atalaia Minning e cales son as súas conexións con grandes construtoras e coa universidade.
O director xeral de Enerxía e Minas, Bernardo Tahoces, asegurou que a Xunta "cumpre coa legalidade" e controla "en todo momento", con "compromiso e responsabilidade", a administración do proxecto mineiro -que pretenden reabrir Atalaya Minning e Cobre San Rafael- e a situación ambiental na actual mina abandonada -agora canteira- en Touro e O Pino (A Coruña).
O PP vai camiño de quedar só en defensa do proxecto de Atalaya Minning en Touro. Hoxe é Cidadáns quen suma a súa voz aos que critican a mina, esixindo que a Xunta -que aínda estuda a documentación- tome postura canto antes.
Miles de persoas, 80.000 segundo fontes dos convocantes, abarrotaron as rúas de Santiago de Compostela e a Praza do Obradoiro na manifestación convocada por máis dun centenar de colectivos cidadáns para instar á Xunta de Galicia a que non autorice a reapertura da mina de cobre prevista en case 700 hectáreas das localidades de Touro e O Pino, por "contaminante" e "perigosa
Entrevistamos a Paulo Carril -líder da CIG dende o ano pasado- intres antes de que a central oficializase que desconvoca da folga xeral do 19X. O secretario xeral non se fía do novo Goberno -”somos consciente de quen é o PSOE”, di- e de feito apunta a que xa están preparando a folga no caso de que non derrogue a reforma laboral. Con todo, admite que a caída do PP xera certas expectativas. O conflito da Xustiza, a negociación en Educación, a folga de ambulancias e a relación do nacionalismo sindical co nacionalismo político son outros dos temas desta conversa.
A asociación ecoloxista ADEGA publicou os informes de varios departamentos da Xunta sobre a polémica mina de Touro - O Pino. En todos eles identifícanse numerosos aspectos negativos ou deficiencias na documentación. Aínda que a Xunta non tomou aínda unha decisión definitiva, os argumentos dos técnicos poderían ser a base para que a administración rexeitase o proxecto que promove a multinacional Atalaya Minning.
A empresa que promove o proxecto, Cobre San Rafael, con capital da multinacional Atalaya Minning, denunciou este mércores "sabotaxes nos labores de sondaxes nas inmediacións da mina".