Os críticos coa mina de Touro levan as súas protestas a Londres
Os críticos coa mina de Touro levan as súas protestas ata o Reino Unido. É na bolsa da capital británica onde cotiza Atalaya Minning, a multinacional que financia a reapertura do proxecto en Touro - O Pino.
Os críticos coa mina de Touro levan as súas protestas ata o Reino Unido. É na bolsa da capital británica onde cotiza Atalaya Minning, a multinacional que financia a reapertura do proxecto de Touro - O Pino.
Bolsa de Londres / jam_90S flickr
Así, a London Minning Network é un dos organismos que asina un comunicado crítico coa actividade da multinacional non só en Galicia, senón tamén en Cantabria -onde ten en marcha outro proxecto- e en Río Tinto. Sobre a explotación onubense alertan do "inminente" "alto risco" de derrube das balsas.
Os activistas adiantan que "por primeira vez" acudirán á Asemblea Xeral de Atalaya, que se celebra en Londres o 27 de xuño.
ASINANTES
Ecoloxistas en Accion, ContraMINAcción, Plataforma Touro O Pino Non
Yes to Life, Non to Mining, Gaia Foundation e a citada London Mining Network son as entidades que lanzan estas críticas. A última delas ten por obxectivo "apoiar as comunidades de todo o mundo que están a ser prexudicadas pola minería e compañías mineiras con base, ou financiadas, en Londres".
Escribe o teu comentario