A mineira de Touro admite que ten que cambiar os seus plans pero asegura que hai 1.163 alegacións a favor
Cobre San Rafael non se dá por vencida. Promete modificar o seu proxecto para lograr informes positivos da Xunta, moitos dos cales son ata agora moi críticos coa reapertura da mina de Touro. Ademais, presume de que hai máis alegacións a favor da mina que en contra, pese admitir que non pode cuantificar as alegacións negativas.
Cobre San Rafael non se dá por vencida. Promete modificar o seu proxecto para lograr informes positivos da Xunta, moitos dos cales son ata agora moi críticos coa reapertura da mina de Touro. Ademais, presume de que hai máis alegacións a favor da mina que en contra, pese admitir que non pode cuantificar as alegacións negativas.

Sondaxes en Touro
ADMITE QUE NON SABE CANTAS HAI EN CONTRA
En concreto, cifra en "1.163" as alegacións "de apoio ao proxecto" e di que foron "presentadas por centos de particulares, así como algunhas entidades, asociacións e corporacións". O dato exacto das que se sitúan en contra da iniciativa afirma descoñecelo, pero afirma que "non chegan a 1.000".
MOITOS INFORMES DA XUNTA SON POR AGORA NEGATIVOS
A compañía informa tamén de que recibiu a maior parte dos informes sectoriais emitidos polos distintos organismos da administración que participan no proceso de autorización do proxecto de explotación. Algúns deses informes, desvelados por ADEGA, son moi desfavorables para a mineira, pois os técnicos da Xunta apuntan a omisións e riscos que, a priori, faría moi difícil unha Declaración de Impacto Ambiental Positiva e, por tanto, moi complicado, pero non imposible, que a Xunta conceda luz verde finalmente.
"Tras unha primeira análise da documentación, a compañía quere en primeiro lugar agradecer o esforzo e a realización dunha análise integral rigorosa que permitirá mellorar a proposta, tarefa na que, desde este momento, a empresa está inmersa", explica.
A MINEIRA ADMITE QUE NECISITA FACER CAMBIOS
Así, indica que os informes sectoriais definen os parámetros do proxecto que necesitan "máis detalle" ou "requiren modificacións". Tras unha primeira valoración, a firma manifesta a súa "plena confianza en que se poden establecer as medidas de execución e control que satisfagan as fortes esixencias da administración reflectidas nos mesmos".
"A empresa acometerá esta tarefa contando coa gran experiencia do seu equipo técnico e o concurso de consultores especializados, entre eles empresas e universidades galegas", agrega.
INSISTE EN QUE SERÁ "MINERÍA MODERNA"
Con isto, asevera que "demostrará que en Galicia pódese facer minería moderna cos máis altos estándares de calidade e respecto pola contorna".
Por todo iso, ratifica que "mantén o seu compromiso" co desenvolvemento do proxecto e agradece "o esforzo a todos os que participaron no proceso de información pública".
"Este vén marcar o camiño polo cal ten que discorrer un proxecto que aplica a excelencia e as mellores prácticas de laminería moderna", insiste.
Escribe o teu comentario