O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, fixo unha valoración, consultado por Galiciapress , sobre o proceso de contratación de operarios que teñen en marcha Altri ou Cobre San Rafael para proxectos como os de Palas de Rei e Touro, onde aínda non recibiron a autorización do Goberno de Galicia. Ao tempo, sobre o informe emitido polo Consello da Cultura Galega crítico con Altri, Rueda mostrou a súa "sorpresa" e, até certo punto, enfado coa entidade.
Cobre San Rafael realizara unha limpeza das augas do río coa intención de poder reabrir a mina
Cobre San Rafael, promotora do proxecto de reapertura da mina de Touro-O Pino, cifrou o seu investimento acumulado, ao termo do pasado ano, en 7,5 millóns de euros, un diñeiro destinado ao proceso de apertura da mina.
O Grupo Popular na Cámara galega reixeitou cos seus votos unha iniciativa de Común dá Esquerda presentada en comisión que expuña pedir á Xunta que denegue a autorización ao proxecto da mina de Touro (A Coruña), algo que, segundo o PP, supoñería pedir ao Goberno galego "que prevarique" ao estar o procedemento administrativo en curso.
A Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Supremo acordou a inadmisión do recurso contra a anulación da autorización ambiental unificada (AAU) da mina de Riotinto. Ecoloxistas en Acción gaña así definitivamente a súa batalla xudicial contra Atalaya Mining, a multinacional chipriota que financia a polémica reapertura da mina de cobre de Touro - O Pino.
A 'Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON' vén de reunirse con representantes de Medio Ambiente e Augas de Galicia e, tras manifestar a súa preocupacións en torno ao proxecto mineiro de Touro e O Pino, "a única conclusión clara que se pode extraer é que, tras máis de dous anos, a Xunta de Galicia aínda non fixo o seu traballo".
A Xunta rexeitou os primeiros papeis de Atalaia Minning e a súa filial hai un ano. Desde entón o expediente nin avanza nin descarrila, o que alimenta as sospeitas dunha das plataformas críticas.
Atalaia Minning, a multinacional que promove a reapertura da mina de Touro, espera ter luz verde antes de que acabe o próximo verán. Así figura nunha comunicación oficial da empresa aos mercados.
A confirmación de que a multinacional quere extraer ata dúas toneladas de prata e a afirmación de que o estudo de impacto ambiental xa superou algunhas das cuestións que lle expoño a Administración son as principais novidades dos plans de Atalaia Minning para Galicia.
Membros da Policía Autonómica e o SEPRONA investigan a relación entre a actividade mineira e a contaminación das augas e ríos adxacentes ao enclave. “É difícil saber se o alcalde non se decata do que pasa no seu municipio ou se fai o descoidado”, denuncia a plataforma.
A empresa que explota a actual mina de Touro pretende eliminar varios ríos durante máis de seis meses para esconder a contaminación "por acidez e alta carga de metais pesados". Así o denuncia ADEGA despois de acceder á documentación presentada na Xunta.
Os afeccionados do Céltiga ensinaron pancartas contra a reapertura da Mina de Touro-O Pino durante o partido do seu equipo ante o Compostela.
Atalaya usa un organismo mariño para defender a reapertura da mina de cobre nun lugar que está 50 km mar dentro
Atalaya Minning xa completou o Estudo de Impacto Ambiental para reabrir a mina de touro e o proxecto segue avanzando a bo ritmo. Este é a mensaxe que lanza a multinacional baseada en Chipre no seu último informe cuadrimestral, publicado hoxe.
Nun comunicado, o grupo ultra ‘Fende Testas’ vinculado á SD Compostela, posicionar ao lado dos grupos e plataformas contrarios á mina de Touro e en contra do equipo dos seus amores.
O Compos e a empresa mineira asinan un acordo para que a compañía pase a ser o patrocinador principal do equipo de fútbol.
Durísima advertencia de ICOMOS, o comité asesor da ONU que selecciona os bens Patrimonio das Humanidade, contra a mina de Touro. Nun informe ao que tivo acceso Galiciapress, alerta que a ruta xacobea pode perder esta distinción porque un vertedoiro "sepulta" un tramo.
En declaracións a Galiciapress, a USC matiza o comunicado de Aldea Viva que afirma que a Universidade "se desvincula do proxecto Touro". O colectivo, ademais, denuncia á mineira ante a Xunta por enterrar parte dun río.