Aldea Viva denuncia a pasividade do alcalde de Touro, que no ano 2000, preguntado polas licenzas da empresa mineira para movementos de terras respondeu: "Tampouco fai falta licenza para plantar coles"
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria reiterou que o proxecto da mina de Touro a día de hoxe "non é viable".
Galiciapress fala con Óscar Cifuentes, representante do persoal que traballa actualmente na mina de Touro - O Pino. Defende "que o que facemos facémolo ben, e que o que propoñemos facer estará ben feito porque aí estamos os traballadores para que así sexa"
A Xunta dixo a semana pasada que "tal e como está presentado" o proxecto mineiro "non é viable"
Un grupo de traballadores de Explotacións Galegas, F. Gómez, Tratamentos Ecolóxicos do Noroeste, Tecnoloxía e Reciclaxe de Materiais e Centro de Valorización Ambiental do Norte defende a reapertura da polémica mina de Touro - O Pino. Fano nun comunicado no que alertan de consecuencias "dramáticas para as familias da zona" se se para un proxecto "con importantes posibilidades de futuro".
Cobre San Rafael non se dá por vencida. Promete modificar o seu proxecto para lograr informes positivos da Xunta, moitos dos cales son ata agora moi críticos coa reapertura da mina de Touro. Ademais, presume de que hai máis alegacións a favor da mina que en contra, pese admitir que non pode cuantificar as alegacións negativas.
Un veciño do Pino, ante a falta de información oficial, crea un mapa das sondaxes de Atalaia Minning con cen perforacións en leiras privadas e públicas. Os críticos coa mina, que este domingo convocan unha manifestación, denuncian que son perforacións ilegais nas que se abandonan residuos. En declaracións a Galiciapress, a mineira rebate estas acusacións. "Hai multitude de xurisprudencia que indica a non esixencia de licenza municipal cando se trata de sondaxes de investigación pouco profundos", argumenta.
O próximo movemento contra o proxecto mineiro será a tractorada deste domingo en Touro