Xunta popular en defensa da mina de Touro - O Pino

A Xunta dixo a semana pasada que "tal e como está presentado" o proxecto mineiro "non é viable"



|

Terreos da mina de Touro


Os traballadores que na actualidade están vinculados á antiga mina de Touro-O Pino (A Coruña) celebrarán este venres unha xunta popular en defensa do emprego e das actividades que realizan, segundo informan as empresas para as que traballan.

Da actividade da mina de Touro dependen case 250 traballadores de cinco empresas diferentes: Explotacións Galegas, F. Gómez, Tratamentos Ecolóxicos do Noroeste, Tecnoloxía e Reciclaxe de Materiais e o Centro de Valorización Ambiental do Norte.

A estas compañías súmanse os empregados de Cobre San Rafael, a alianza entre Atalaia Mining e Explotacións Galegas que pretende explotar os terreos para volver extraer deles ese mineral.

Nas últimas semanas os traballadores estiveron levando a cabo numerosas accións para visibilizar as súas inquietudes ante a posible retirada da concesión mineira solicitada desde diferentes sectores, o cal, segundo as cinco mencionadas compañías, "supoñería o cesamento das actividades actuais".

Deste xeito, reuníronse con todas a formación políticas e asistiron a plenos municipais e autonómicos onde se debateron cuestións vinculadas á mina.

MANIFESTO E XORNADA FESTIVA
Os traballadores lerán este venres un manifesto e protagonizarán unha xornada festiva enmarcada na feira do 20 da parroquia de Cebreiro (O Pino).

A semana pasada no pleno, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, declarou que, "tal e como está presentado", o proxecto mineiro "non é viable". Con todo, indicou que la Administración autonómica "seguirá analizando todos os informes" para pronunciarse "cando acabe a tramitación" e "en base a avaliacións técnicas", xa que a decisión, insiste, "non está tomada".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE