Traballadores da actual mina de Touro alertan de "dramáticas" consecuencias
Un grupo de traballadores de Explotacións Galegas, F. Gómez, Tratamentos Ecolóxicos do Noroeste, Tecnoloxía e Reciclaxe de Materiais e Centro de Valorización Ambiental do Norte defende a reapertura da polémica mina de Touro - O Pino. Fano nun comunicado no que alertan de consecuencias "dramáticas para as familias da zona" se se para un proxecto "con importantes posibilidades de futuro".
Un grupo de traballadores de Explotaciones Galegas, F. Gómez, Tratamientos Ecológicos del Noroeste, Tecnología y Reciclaje de Materiales e Centro de Valorización Ambiental del Norte defende a reapertura da polémica mina de Touro - O Pino. Fano nun comunicado no que alertan de consecuencias "dramáticas para as familias da zona" se se para un proxecto "con importantes posibilidades de futuro".
Actuais instalacións industriais na mina de Touro nunha imaxe de Cobre San Rafael
"A ÚNICA ALTERNATIVA INDUSTRIAL"
As citadas empresas forman parte do grupo familiar que creou Francisco Gómez Noya, propietario dos dereitos mineiros a través de Cobre San Rafael. Este grupo opera unha serie de compañías na antiga mina -hoxe canteira-, pero ten un acordo para ir cedendo a posible nova explotación de cobre e prata á multinacional Atalaya Minning.
Algúns dos seus traballadores argumentan que, se se cancela a actual concesión, como piden moitos dos críticos, quedarán sen o seu emprego porque "depende directamente da concesión" poñendo fin a "a única alternativa industrial nunha zona predominantemente rural que ofrece poucas oportunidades de futuro".
REUNIÓN COS PARTIDOS
Os asinantes, uns 250 segundo esta "carta aberta", defenden que tamén son "veciños da zona" e rexeitan "as acusacións que se verten sobre as actividades nas que participamos así como as vinculadas ao novo proxecto mineiro que se pretende establecer".
Na vertente política, os traballadores piden reunións con PPdeG, PSdeG, En Marea e BNG. Os tres últimos están opostos á reapertura, mentres os alcaldes locais de Touro e O Pino (PPdeG), apóiana, aínda que noutros concellos gobernados polos conservadores os gobernos locais tamén a rexeitan.
Escribe o teu comentario