"A USC nunca estivo vinculada á mina de Touro"
En declaracións a Galiciapress, a USC matiza o comunicado de Aldea Viva que afirma que a Universidade "se desvincula do proxecto Touro". O colectivo, ademais, denuncia á mineira ante a Xunta por enterrar parte dun río.
En declaracións a Galiciapress, a USC matiza o comunicado de Aldea Viva que afirma que a Universidade "se desvincula do proxecto Touro". O colectivo, ademais, denuncia á mineira ante a Xunta por enterrar parte dun río.
Aldea Viva, un dos colectivos críticos coa mina de Touro, publicou hoxe unha nota na que asegura que a Universidade de Santiago "desvincúlase do Proxecto Touro". "A pesar de que os promotores da mina presumen habitualmente de contar coa colaboración das universidades galegas no seu proxecto, a Universidade de Santiago aclara nun correo electrónico dirixido a Aldea Viva que 'non existe actualmente contrato ou convenio de colaboración cos titulares da mina' ", engaden.
USO DOS LOGOS DAS UNIVERSIDADES GALEGAS
Na web de Cobre San Rafael, a empresa que tramita a reapertura, efectivamente aparece o logotipo da USC -e das outras dúas universidades galegas- como "colaboradores". A filial de Atalaya Minning destaca a participación de expertos das tres institucións. No caso da USC, cita ao catedrático do Departamento de Edafología e Química Agrícola da Facultade de Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, Felipe Macías.
Está ou non a USC vinculada á mina de Touro? Consultadas por Galiciapress, fontes oficiais explican que "a USC non se desvincula porque nunca estivo vinculada" e que "nunca" houbo adhesión da institución ao polémico proxecto.
Logotipos universitarios na web de cobresanrafael.gal
Ditas fontes confirman que os servizos xurídicos da USC enviaron un correo a Aldea Viva para explicar esta circunstancia. Engaden que o feito que un catedrático poida realizar estudos ou colaborando coa mina nalgún momento non implica que a institución se posicione a favor.
DENUNCIA ANTE AUGAS DE GALICIA
Por outra banda, Aldea Viva acusa á mina de "facer desaparecer o río Portapego nun tramo de 200 metros". Asegura que presentou unha denuncia diante de Augas de Galicia porque "o leito do río no seu tramo inicial, xusto detrás da polémica área de servizos do concello está completamente seco desde hai dúas semanas". O colectivo remite fotos para ilustrar a súa denuncia.
Imaxe da canalización do Río Portapego remitida por Aldea Viva
A Xunta sancionou por dúas veces recentemente ao grupo mineiro polo estado dos ríos que pasan pola antiga explotación. Unha contaminación e "despreocupación" que é un dos argumentos dos críticos contra a reapertura do xacemento.
Escribe o teu comentario