O SEPRONA investiga os desbordamentos dos ríos contaminados de Touro

Membros da Policía Autonómica e o SEPRONA investigan a relación entre a actividade mineira e a contaminación das augas e ríos adxacentes ao enclave. “É difícil saber se o alcalde non se decata do que pasa no seu municipio ou se fai o descoidado”, denuncia a plataforma.


|

Membros da Policía Autonómica e o SEPRONA investigan a relación entre a actividade mineira e a contaminación das augas e ríos adxacentes ao enclave. “É difícil saber se o alcalde non se decata do que pasa no seu municipio ou se fai o descoidado”, denuncia a plataforma.


Contaminacion rio mina touro


A Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON emitiu un comunicado para denunciar “a persistencia da potencial contaminación en distintos puntos da contorna da mina de Touro” e lamentar a inoperancia do alcalde da localidade, Ignacio Codesido. Na mesma, informa de que grupos da Policía Autonómica e o SEPRONA atópanse realizando estudos na zona sobre a calidade da auga.


“O arroio Pucheiras, ao seu paso pola aldea de Arinteiro procedente da mina, ademais da súa xa habitual cor esbrancuxada, discorría con un caudal máis abundante de o normal, sobre todo tendo en conta que hai días que non chove”, anuncia a plataforma no comunicado, que tamén fai fincapé no “forte cheiro” que emanaba das augas e que “á altura da igrexa parroquial de Loxo” o caudal ía desbordado. Este incidente foi o que puxo en alerta aos veciños, que chamaron ás forzas e corpos de seguridade para que realizasen os estudos pertinentes, tanto na zona como na mina.


“O Pucheiras non é o único afluente do Ulla afectado pola actividade de Cobre San Rafael, pois o Portapego segue levando o mesmo cor alaranxada pola hiperacidez coa que baixa da mina”, informa a nota, sinalando que ocorre o mesmo na balsa de Bamaque segue aínda vertiendo cara ao río Brandelos”.


“30 ANOS MIRANDO CARA A OUTRO LADO”

A plataforma lamenta que teñan que ser os veciños os que tomen cartas no asunto e sinala ao goberno municipal como principal culpable desta situación. “O alcalde leva 30 anos mirando cara a outro lado e sendo cómplice dos presuntos delitos ambientais nos que a promotora da mina de cobre incorre constantemente”, advirte a nota.


“Nunha recente entrevista, que parece unha tomadura de pelo ás veciñas e veciños de Touro, Codesido non só demostra unha vez máis velar polos intereses da promotora da mina, promocionando as parcelas do polígono da súa propiedade, senón que parece dar por sentado que a Xunta vai aprobar o proxecto de explotación mineira”, argumenta a misiva, denunciando a situación dos veciños de Arinteiro, afectados polas balsas de lodos proxectadas na reapertura da mina.


De igual maneira, a plataforma informa que polo momento non existe ningún acordo asinado polo que Cobre San Rafael adquira algunha obrigación co concello “polo que resulta complicado imaxinar que mecanismos vai empregar Codesido para esixirlle posibles responsabilidades á empresa chegado o momento”. “É difícil saber se o alcalde non se decata do que pasa no seu municipio ou se fai o descoidado”, sentencia a nota.

relacionada Aldea Viva reclama á Xunta que pare o plan de drenaxe da mina de Touro
relacionada A Xunta oponse a recoñecer o Ramal Histórico do Camiño Francés que atravesa Touro
relacionada O Camiño de Santiago corre perigo pola mina de Touro e un parque eólico, alerta En Marea

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE