Aldea Viva reclama á Xunta que pare o plan de drenaxe da mina de Touro
A asociación Aldea Viva pide que o "despropósito" de proxecto de drenaxe nos terreos da antiga mina de Touro (A Coruña) sexa rexeitado.
Contaminación no río Portapego |ADEGA
O colectivo presentou alegacións contra unha iniciativa que, segundo explica, consiste en "anular os ríos contaminados da contorna e bombealos ás balsas mineiras que están abandonadas".
Ao seu xuízo, isto "acabará provocando que as augas vaian directas aos afluentes do Ulla". Por iso, insta a obrigar á empresa para presentar "un proxecto definitivo e coherente que poña fin a decenas de anos de impunidade ambiental".
Aldea Viva denunciou "obras ilegais" da mineira que pretende volver impulsar a actividade extractiva en Touro "antes de saír este proxecto a exposición pública".
"De non ser por esta denuncia, a empresa seguiría adiante á marxe da legalidade, como soe facer", afirma. Neste momento, segundo engade, continúan paralizadas as obras ata que Augas de Galicia resolva.
Escribe o teu comentario