A mineira de Touro marea a perdiz coa complicidade da Xunta, protestan veciños

A Xunta rexeitou os primeiros papeis de Atalaia Minning e a súa filial hai un ano. Desde entón o expediente nin avanza nin descarrila, o que alimenta as sospeitas dunha das plataformas críticas.


|

A Xunta rexeitou os primeiros papeis de Atalaia Minning e a súa filial hai un ano. Desde entón o expediente nin avanza nin descarrila, o que alimenta as sospeitas dunha das plataformas críticas.


Residuos da mina de Touro - O Pino (A Coruña) que verten ao río Ulla


A Plataforma Mina Touro O Pino Non alerta da "cuestionable tramitación" que se lle dá a este proxecto por parte da promotora, Cobre San Rafael, debido a que parece "comodamente instalada na roda da burocracia e da papelada inútil" coa "conivencia" da Xunta.

O colectivo en contra desta canteira situada entre os municipios coruñeses de Touro e O Pino critican, a través dun comunicado, que "en innumerables ocasións" as empresas reclaman "unha tramitación máis áxil" ás administracións. Con todo, Cobre San Rafael, "dilata os prazos de entrega de documentos que son clave" para que os técnicos da Xunta avalíen o proxecto, sinala.

"Ou presenta unha documentación extensísima, reiterativa e confusa con múltiples anexos que fan perder o fío da exposición, ou achega sucesivas actualizacións de documentos escollendo as palabras para maquillar a redacción sen cambiar o fondo", explica o colectivo.

Así as cousas, a plataforma en contra da mina de Touro e O Pino insisten en que tanto os técnicos da Administración como veciños, asociacións e expertos "xa puxeron encima da mesa" as "carencias e impactos" do proxecto sobre a zona.

Ademais, "durante estes máis de dous anos" de tramitación a empresa "non foi capaz de responder de modo solvente a estas dúbidas e demandas", polo que parece "que non ten verdadeira intención de achegar luz" sobre a mina, senón "só de marear a perdiz".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE