Mina Touro - O Pino NON denuncia unha vez máis o estado de contaminación do río Portapego
Cobre San Rafael realizara unha limpeza das augas do río coa intención de poder reabrir a mina
É domingo, día de Feira e comezo dos Entroidos en Touro: un día de alegría para os veciños. Con todo, polo río Portapego, a escasos 500 metros do lugar das celebracións, discorren verteduras contaminantes. Unhas verteduras que a plataforma veciñal 'Mina Touro - O Pino NON' encargouse de denunciar unha vez máis nas súas redes sociais.
Esta plataforma veciñal se manifesta en contra do proxecto de reapertura dunha mina entre os municipios coruñeses de Touro e O Pino, a través da empresa Cobre San Rafael.
Nesta ocasión denunciaron ante Augas de Galicia a situación na que se atopa o río, con residuos que proceden dos afluentes onde se atopaba a mina. Aseguran desde a plataforma que Cobre San Rafael, a empresa que ten intención de reabrir a explotación mineira, afirma que o río se limpou e nega a contaminación.
A REAPERTURA DA EXPLOTACIÓN MINEIRA
A razón pola cal a Xunta de Galicia denegou até o momento a apertura da mina de Touro foi a potencial contaminación do río Ulla e dos seus afluentes, aínda que a empresa mineira Cobre San Rafael asegura que preparou o terreo para unha nova solicitude da reapertura da mina.
Foi grazas á presión exercida por parte dos veciños que esta concesión non foi concida, princicpalmente polos citados problemas de contaminación e a ruptura das balsas.
A finais de setembro finalizaban as obras de recuperación da rega de Portapego, un río que nace xusto baixo o antigo depósito da mina. Cobre San Rafael completaba neste momento as súas actuacións para a reapertura da mina, cun investimento de case 2 millóns de euros.
Con todo, os veciños, a través da súa plataforma veciñal déronnos hoxe mostra da situación actual do río, que continúa cheo de residuos, a pesar das limpezas levadas a cabo a finais do pasado ano 2022.
Escribe o teu comentario