Touro-O Pino

Darío Rey, o home que entregou Touro ao PP a cambio de loitar contra a mina: "Nunca pensei que aceptarían"

Darío Rey é o ex número dous de Movemento Veciñal de Touro e ex terceiro tenente de alcalde do Concello de Touro durante o mandato de Roberto Castro. Hoxe é o inimigo público número un para uns, pero un político comprometido para outros. A súa decisión de permitir a moción de censura en Touro para devolverlle o bastón de mando ao PP tivo un prezo moi alto para os populares: o Concello debía ser crítico contra o proxecto mineiro de Touro e, mesmo, acudir nas causas xudiciais abertas e futuras. Galiciapress charla co edil, que terá a última palabra en todo o relativo á mina e o medioambiente nos dous anos que quedan de lexislatura, o seu último servizo na política municipal.

Mina Touro - O Pino NON denuncia unha vez máis o estado de contaminación do río Portapego

Cobre San Rafael realizara unha limpeza das augas do río coa intención de poder reabrir a mina

A mineira de Touro prevé lograr luz verde antes de que acabe o verán

Atalaia Minning, a multinacional que promove a reapertura da mina de Touro, espera ter luz verde antes de que acabe o próximo verán. Así figura nunha comunicación oficial da empresa aos mercados. 

O BNG contra a drenaxe do Portapego: “Só traslada un problema grave de contaminación”

O BNG de Touro acusa a Explotacións Galegas de “trasladar o problema” no canto de dar “solucións definitivas”.

Comité da ONU alerta que a mina de Touro sepultará parte do Camiño de Santiago orixinal

Durísima advertencia de ICOMOS, o comité asesor da ONU que selecciona os bens Patrimonio das Humanidade, contra a mina de Touro. Nun informe ao que tivo acceso Galiciapress, alerta que a ruta xacobea pode perder esta distinción porque un vertedoiro "sepulta" un tramo.

Segue a loita no Parlamento Europeo contra a Mina de Touro-O Pino

A 'Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non’ mantén abertas diversas reclamacións ante o Comité de Peticións do Parlamento Europeo.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE