O BNG contra a drenaxe do Portapego: “Só traslada un problema grave de contaminación”

O BNG de Touro acusa a Explotacións Galegas de “trasladar o problema” no canto de dar “solucións definitivas”.


|

O BNG de Touro acusa a Explotacións Galegas de “trasladar o problema” no canto de dar “solucións definitivas”.


Río portapego   touro   aldea viva


O BNG de Touro presentou alegacións polo proxecto temporal de drenaxe da mina presentado por Explotacións Galegas S.A. Os nacionalistas consideran que “a única certeza” é que “a empresa recoñece a contaminación derivada da anterior exploración mineira e, de forma implícita, a neglixencia das medidas de control”, considerando que as mesmas “nin resolveron nin melloraron o problema da hiperacidez e alta concentración de metais pesados que soportan as augas”.


De igual maneira, o grupo municipal tourense valora que o proxecto só baséase en bombear auga do Portapego, o Felisa e a balsa de Angumil “para almacenala na lagoa de Vieiro”. “É dicir, para suprimir o problema de contaminación dun río suprímese o río e leva a outra zona da mina”, critica o BNG, que considera que “só traslada no espazo e no tempo un problema grave de contaminación no canto de buscar medidas correctoras definitivas”.


“Outra cuestión que queda sen resposta é que medidas van tomar para evitar que, debido as filtracións desta balsa, estas augas contaminadas cheguen ao río Pucheiras aumentando os problemas de calidade das augas que xa soporta este río. Tampouco se dá resposta a cal vai ser o destino destas augas unha vez almacenadas na lagoa de camiño, porque debemos lembrar que o proxecto de reapertura da mina contempla como unha das primeiras actuacións o baleirado da talla de camiño para comezar a extracción”, lamenta o comunicado, que sentencia que o prioritario é “atopar unha solución definitiva e permanente” e non “trasladar o problema”. 

relacionada A mina de Touro ameaza con expropiar “máis da metade dos terreos do proxecto” aos veciños
relacionada Os pais levántanse contra as “campañas prominería” nas aulas galegas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE