A mina de Touro ameaza con expropiar “máis da metade dos terreos do proxecto” aos veciños

A Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON acusa a Cámara de tentar un “lavado de imaxe” para combater a crecente oposición social contra os proxectos mineiros que supoñen un claro risco ambiental.


|

A Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON acusa a Cámara de tentar un “lavado de imaxe” para combater a crecente oposición social contra os proxectos mineiros que supoñen un claro risco ambiental.


WhatsApp Image 2019 02 14 at 11.15.01


A Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON emitiu un comunicado no que acusa a Cobre San Rafael de programar un proxecto mineiro “que ocupará a terra e danará os medios de vida de moitos veciños”. “Das case 700 hectáreas que abarca o proxecto, a metade da superficie son terreos que pertencen a veciños, non son titularidade de Cobre San Rafael, que tería que expropialos”, reza o comunicado da plataforma, que tamén recalca que as intencións de Atalaia Mining no proxecto son “expandir a explotación de cobre ata 122 km cadrados de superficie, como recolle a súa web”.


"LAVADO DE IMAXE"

A emisión da nota coincide coa posta en marcha por parte da Cámara Mineira de Galicia da campaña ‘Minería Sustentable de Galicia’, unha campaña que conta co amparo de la Xunta, á que critica por “primar os beneficios económicos fronte á cidadanía” e á que a plataforma considera un “lavado de imaxe” para combater a crecente oposición social.


A plataforma á súa vez sinala que a Cámara Mineira atópase baixo o paraugas da Conselleria de Economía, Emprego e Industria e recibe axudas de la Xunta “por un valor en torno ao medio millón de eurvos”. Ademais, advirte que a Cámara é favorable ao proxecto mineiro de Touro e que nun artigo asinado por Diego López, director do organismo mineiro, cualifícase de “bulos” aqueles argumentos que van en contra da reapertura da mina. Como contestación, a plataforma lembra que ata 42 concellos e 2 deputacións provinciais opóñense á reapertura, así como outros organismos e asociacións ecoloxistas.


RUNIÓN CON FEIJÓO

“Para a Plataforma non resulta novas este tipo de actuacións por parte de la Xunta, pois a pesar das solicitudes de reunión con distintos conselleiros co presidente Núñez Feijóo, aínda non recibiron aos veciños afectados polo proxecto mineiro”, lamenta o comunicado, afirmando á súa vez que a Xunta “arroupa e subscriben as mentiras dun sector que deixa tras de si un ronsel de contaminación”. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE