A mineira de Touro pretende "suprimir" varios ríos durante meses, alertan ecoloxistas

A empresa que explota a actual mina de Touro pretende eliminar varios ríos durante máis de seis meses para esconder a contaminación "por acidez e alta carga de metais pesados". Así o denuncia ADEGA despois de acceder á documentación presentada na Xunta.


|

A empresa que explota a actual mina de Touro pretende eliminar varios ríos durante máis de seis meses para esconder a contaminación "por acidez e alta carga de metais pesados". Así o denuncia ADEGA despois de acceder á documentación presentada na Xunta.


Unnamed (1)

Proxecto presentado por Explotacións Galegas, segundo ADEGA


En opinión da asociación ecoloxista, estamos ante unha estrataxema para "andar mareando as augas contaminadas no canto de tratalas e escondelas baixo a alfonmbra da balsa de Vieiro". Ademais, os conservacionistas conclúen que a mineira está tentado "branquear un proxecto que cada vez mostra máis vías de auga, todas elas contaminadas".


Refírense ao proxecto de reabrir a mina de cobre en Touro. Promóveno Cobre San Rafael -do mesmo grupo que Explotacións Galegas, que xestiona a actual canteira- e a multinacional Atalaya Minning.


SANCIÓNS ANTE A ACTUAL CONTAMINACIÓN

Ese importante e polémico proxecto está pendente da luz verde de la Xunta. Os continuos episodios de contaminación -que xa provocaron varias sancións- e desbordes nas actuais balsas son un dos elementos  enarborados polos críticos para opoñerse á ampliación.


Segundo a documentación publicada por ADEGA, a mineira pretende agora o "bombeo temporal das augas dos regatos Portapego, Felixa e da balsa de Angumil con destino á balsa de Vieiro".  Sería un desvío provisional, durante uns seis meses.


Que pasaría despois con esas problemáticas augas? "Volver a bombealas ao dominio público hidráulico (agora durante tres anos, xunto co resto de 1,8 millóns de metros cúbicos da balsa de Vieiro) de novo sen demostrar o seu correcto tratamento, a pesar da grave contaminación que presentan", relata ADEGA, indignada este "paquí-pallá".



Contaminacion rio mina touro

Augas contaminadas pola antiga mina de cobre en Touro| Adega


APARECEN ORGANISMOS EXTREMÓFILOS

Outra cuestión é o porqué non se tratan as augas, no canto de desprazalas. Segundo os ecoloxistas, a "a empresa promotora volve argumentar que non actuou nas augas do Portapego, Felisa e a balsa de Angumil porque a súa natureza hiperácida fortemente metálica xerou unha biota de organismo extremófilos de gran interese cientifico". Unha xustificación"sorprendente", en opinión de ADEGA. 


Por agora, nin os galegos de Explotacións Galegas nin a multinacional Atalaiy Minning responderon ao comunicado dos ambientalistas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE