A serie 'Fariña' non terá que indemnizar a Laureano Ouviña por vulnerar a súa honra, dita o Supremo

O alto tribunal anula a indemnización de 15.000 euros que Atresmedia, Netflix e Bambú Producións debían pagarlle ao famosos narcotraficante.


|

Archivo - El exnarcotraficante gallego Laureano Oubiña a su llegada a juzgados de Vilagarcía, a 21 de noviembre de 2023, en Vilagarcía, Pontevedra, Galicia (España).
Foto: EP

 

O Tribunal Supremo ha rexeitado que a serie 'Fariña' vulnerase o dereito á honra, intimidade e propia imaxe do exnarcotraficante Laureano Oubiña e anulou a indemnización de 15.000 euros que Atresmedia, Netflix e Bambú Producións debían pagarlle.
 


O alto tribunal estima o recurso interposto pola produtora, a cadea televisiva e a plataforma de streaming na que se emitiu a serie e revoga o fallo da Audiencia Provincial de Pontevedra, que apreciara unha intromisión ilexítima no dereito á intimidade do demandante por unha escena de contido sexual do primeiro capítulo.
 

El exnarcotraficante gallego Laureano Oubiña (d) a su llegada a juzgados de Vilagarcía, a 21 de noviembre de 2023, en Vilagarcía, Pontevedra, Galicia (España). Laureano Oubiña reclama un millón
O exnarcotraficante galego Laureano Oubiña


O tribunal considera que o demandante é un personaxe público ao ser condenado a elevadas penas de prisión pola súa participación destacada en actividades organizadas de tráfico de drogas, un asunto de claro interese xeral.

Así mesmo, o Supremo conclúe que a insinuación da súa relación co tráfico de cocaína na serie non supón unha intromisión ilexítima no seu dereito á honra, aínda que na serie o personaxe apareza co seu nome e apelidos e a serie afirme estar 'inspirada en feitos reais'.
 


A Sala argumenta que, ao tratar dunha obra de ficción amparada pola liberdade de creación artística, non é exixible o mesmo criterio estrito de veracidade que rexe para o dereito á información, e engade que non pode apreciar un menoscabo reputacional relevante en quen xa foi condenado por graves delitos de narcotráfico, aínda que estes estivesen relacionados con outra sustancia.

En relación co dereito á intimidade, o Supremo tamén dá a razón ás produtoras e recolle que se trata de escenas breves, con actores vestidos, sen carácter especialmente explícito e plenamente integradas no relato, sen adquirir unha relevancia dramática determinante.
 


Ademais, considera que o espectador medio entende que se trata dunha recreación ficticia que non pretende reflectir episodios reais da vida sexual do demandante.

Desta forma, o Supremo revoga a orde de retirada da escena do primeiro capítulo e deixa sen efecto a indemnización fixada pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE