Cobre San Rafael acepta a derrota na mina de Touro, pero valora os pasos para seguir tras deixarse 7,5 millóns

Cobres San Rafael, a empresa promotora do proxecto da mina de Touro (A Coruña), asegurou que acta a resolución da Xunta de Galicia sobre a Declaración de Impacto Ambiental publicada este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) e asume que "non conseguiu transmitir a todos os departamentos a solidez da súa argumentación técnica".

|

Cobres San Rafael, a empresa promotora do proxecto da mina de Touro (A Coruña), asegurou que acta a resolución da Xunta de Galicia sobre a Declaración de Impacto Ambiental publicada este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) e asume que "non conseguiu transmitir a todos os departamentos a solidez da súa argumentación técnica".


Atalaia Minning Cobre San Rafael mina touro Lavandeira durante a súa intervención e1522684019300 1024x59

Lavandeira, CEO de Atalaia Mining, empresa detrás de Cobre San Rafael 


Nun comunicado remitido aos medios, a empresa sinala que estudará o informe emitido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas este venres para decidir as súas accións de futuro.


A entidade destaca que se envorcou durante o últimos catro anos en construír un "proxecto sólidou" que dese resposta a todos os organismos implicados na reapertura da explotación de cobre na área mineira de Touro e O Pino.

Cobre San Rafael sinalou que pechou 2019 cun investimento acumulado de 7,5 millóns de euros destinados a laborais de investigación, desenvolvemento e innovación. Tarefas nas que colaboraron investigadores das universidades públicas galegas de diferentes ámbitos e outros organismos científicos e consultorías galegas e internacionais de primeiro nivel.

Ademais, agradeceu o traballo e implicación dos seus colaboradores, expertos e investigadores que, segundo indicou, puxeron "todo o seu coñecemento e ilusión" na reapertura da explotación, así como "o apoio da maioría dos veciños de Touro e O Pino que vían no proxecto unha oportunidade de futuro para a comarca".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE