O helicóptero do 061 de Santiago regresa tras 19 días de ausencia

O aparello con base no Hospital Provincial de Conxo estivo inoperativo por mantemento e a empresa concesionaria non incorporou un sustituo, incumprindo as cláusulas do contrato coa Xunta, como vén facendo os últimos anos, motivo polo que se convocou outro concurso, que quedou´deserto.


|

Archivo - Uno de los últimos vuelos de la médico del helicóptero del 061, decana de Europa, Charo Rua, en el helipuerto del Hospital Provincial de Conxo, a 7 de marzo de 2025, en Santiago de Compos
Arquivo - Un dos últimos voos do médico do helicóptero do 061 no heliporto do Hospital Provincial de Conxo, a 7 de marzo de 2025

 

A aeronave con base no Hospital de Conxo volve operar este martes, segundo indicaron fontes oficiais da Fundación do 061 a Galiciapress .

 

O helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago de Compostela estaba inactivo desde o pasado 30 de abril. A aeronave, que cobre gran parte do norte e o centro de Galicia incluída toda a Costa da Morte, onde non hai ambulancia medicalizada, levaba 19 días fóra de servizo, deixando un baleiro que se cubría desde  desde a base de Ourense.

 

Durante o período de inactividade, as urxencias tamén  foron atendidas, como é habitual nestas circunstancias, por unha ambulancia de soporte vital avanzado co equipo médico habitual do helicóptero. Con todo, a diferenza nos tempos de resposta é substancial: desde Ourense, cubrir a Costa da Morte supón ao redor de 40 minutos de voo, que son 20 minutos se se voa desde Compostela.

 

A empresa concesionaria do servizo, Eliance, leva anos acumulando incumprimentos contractuais. Ten a obrigación de incorporar unha aeronave substituta en 48 horas en supostos como este, un mantemento programado do aparello.

 

A Xunta, ante os incumprimentos e as reiteradas sancións, apostou por anular a concesión e lanzou un novo concurso dotado con 55,6 millóns de euros para oito anos, pero o proceso quedou deserto esta primavera ao non cumprir outra empresa, a única que se presentou, as condicións mínimas fixadas polo SERGAS. 

 

Eliance continúa operando en réxime de prórroga ata que se concrete o resultado dun novo concurso, que o 061 planea convocar á menor brevidade posible.  Mentres tanto, segundo fontes próximas aos traballadores, Eliance segue operando o servizo, pero só 12 horas ao día, cando en realidade debería ser desde o orto ao ocaso, que son máis 12 horas en gran parte do ano.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE