Científicos desmontan argumentos para a reapertura da mina de Touro


Atalaya usa un organismo mariño para defender a reapertura da mina de cobre nun lugar que está 50 km mar dentro


|

Atalaya usa un organismo mariño para defender a reapertura da mina de cobre nun lugar que está 50 km terra dentro


A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)  publicou un informe no que rebate algúns dos argumentos de Atalaya Mining - Cobre San Rafael para que a Xunta autorícelle a reapertura da mina de cobre en Touro - O Pino.



Terreos da mina de Touro

Terreos da posible mina, hoxe canteira


Entre outros puntos, a SGHN  alerta que a mineira usou para un dos seus estudos ambientais un micororganismo mariño, cando a mina está 50 quilómetros mar dentro. 


"Para finalizar a absoluta falta de representatividade e credibilidade dese presunto 'estudo ecotoxicológico', o microorganismo elixido é … MARIÑO: Photobacterium phosphoreum. Onde están as análises de ecotoxicidade  sobre os organismos dos chans (comunidades microbianas, micro e mesofauna, …), a flora e fauna terrestre e fluvial da zona de afectación da mina?", pregúntase o colectivo científico.


DÚBIDAS SOBRE O ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL

A multinacional xa remitiu o Estudo de Impacto Ambiental (EIA), que a Xunta debe agora aprobar ou non.  A SGHN denuncia que ese estudo obvia a peor das hipóteses posibles, que se produza unha ruptura das balsas de residuos -como pasou en Aznalcoóllar- que contamine a conca do Ulla. 


A posibilidade de que residuos da mina acaben na Ría de Arousa é, precisamente, un dos factores máis en contra da reapertura, dada a importancia do marisqueo na Ría, onde hai unha gran oposición ao proxecto.


É A MINERÍA UN MOTOR DEMOGRÁFICO?

Os científicos rebaten ademais os datos achegados de que a mina axudaría a paliar a crise demográfica e económica da zona. A SGHN acusa a Atalaya de achegar datos atípicos, extremos e descontextualizados procedentes da contorna da mina de Belmonte en Asturias. Na súa opinión, baseada en varias táboas do INE, esa mina non serviu para parar a sangría demográfica.


A falta dun estudo paisaxístico a nivel de chan en Arinteiro e a presenza de metais pesados (arsénico, níquel e cadmio) en niveis "perigosos" -e non simplemente inertes- son outras das razóns esgrimidas pola Sociedade.


A XUNTA ESPERARÁ PROBABLEMENTE ATA AS ELECCIÓNS

Tras esta discusión, a pelota segue no tellado da Xunta. O Goberno advertiu a Atalaya Minning que tal e como se presenta a documentación inicial non ía dar luz verde á reapertura. A mineira contraatacou con novos documentos -rebatidos pola SGHN e outros colectivos críticos- e agora a Administración debería dar o seu veredicto definitivo. 


Cando haberá decisión final? O goberno nunca respondeu a esta cuestión, por exemplo cando lla formulou Galiciapress. Vista a impopularidade da mina entre amplos sectores da poboación das comarcas de Compostela e Arousa, é probable que non haxa decisión ata despois das eleccións locais desta primavera.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE