Cobre San Rafael, novo patrocinador da SD Compostela

O Compos e a empresa mineira asinan un acordo para que a compañía pase a ser o patrocinador principal do equipo de fútbol.


|

O Compos e a empresa mineira asinan un acordo para que a compañía pase a ser o patrocinador principal do equipo de fútbol.


Compos cobre san rafael


O convenio de colaboración alcanzado por ambas as partes sitúa a Cobres San Rafael, empresa promotora da reactivación da Mina de Touro, como a principal marca patrocinadora do club santiagués. Para a entidade, o acordo, que se prolongará durante este curso e pode prorrogarse para o seguinte, supón un gran paso xa que a compañía “sempre mostrou o seu desexo de apoiar ao estandarte do fútbol da comarca de Santiago e ás diferentes organizacións sociais coas que colabora dentro do seu plan de responsabilidade social corporativa”.


A firma permitirá ao club apostar aínda máis na formación de novos talentos, poñendo en marcha novos proxectos de fútbol basee, como a organización de Campus de fútbol en distintos concellos de toda Galicia para “de imprimir nos nenos uns principios e valores máis aló do afán competitivo”, ademais da creación dun centro de tecnificación.



A empresa mineira ve no Compos “ un compañeiro de viaxe ideal á hora de establecer a súa estratexia de responsabilidade” pola implicación do club en distintas entidades de carácter benéfico e social. 


Doutra banda, Cobre San Rafael aproveitou para promover a súa campaña ‘ TERRAS’, coa que pretende plasmar a visión da compañía para “implantar unha industria sustentable, responsable ambiental e socialmente para multiplicar o seu efecto positivo, buscando oportunidades de beneficio para a cidadanía”. “Os beneficiarios de ‘TERRAS’ será os veciños e veciñas de Touro e O Pino; os colectivos sociais en risco de exclusión da comarca de Arzúa e Santiago; os actores vinculados ao río Ulla; e a sociedade galega en xeral”, sinala a nota emitida pola compañía e o club.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE