A plataforma veciñal ‘Mina de Touro- O Pino NON’ emitiu un comunicado no que anuncia que celebrará unha concentración o vindeiro domingo 18 de novembro en Santiago de Compostela para protestar pola reapertura da mina.
A empresa Cobre San Rafael S.L. rexeita as conclusións de ICOMO e acusa o organismo de ser “unha entidade privada que en ningún caso ten a competencia para representar á Unesco”. O informe, ao que tivo acceso Galicia Press, non só fai referencia a que a actividade mineira afectaría de forma directa ao trazo do Camiño de Santiago, senón que o valor paisaxístico do percorrido veríase gravemente afectado por unha actividade que se prolongaría durante máis de 16 anos.
Un comité asesor da Unesco denuncia que o proxecto de reapertura da mina de Touro ameaza seriamente a conservación e o futuro do Camiño Francés do Camiño de Santiago. Así o revela a Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago (FICS), citando un documento oficial do organismo consultivo da ONU.
A Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago (FICS) critica o "silencio" doutros organismos vinculados á ruta xacobea sobre a mina de Touro. Tras visitar "a pé de obra" a zona e falar cos promotores ratifícanse en que "afectaría gravemente a paisaxe e á contorna do Camiño de Santiago".
A 'Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non’ mantén abertas diversas reclamacións ante o Comité de Peticións do Parlamento Europeo.
As accións de Atalaia Minning, que pretende reabrir a mina de Touro, disparáronse máis dun 15% desde que o xoves filtrouse que a multinacional busca comprador. Nesa data os títulos na bolsa de Londres cotizaban a unhas 225 libras e hoxe luns están estabilizados ao redor das 259,5. Unha subida artificial, en opinión dun colectivo ecoloxista.
O río Lañas baixando repleto de escuma que desprenden un "cheiro moi forte". Isto é o que se ve nun vídeo-denuncia remitido por un veciño da zona, que o vincula á mina que Atalaya Minning pretende reabrir.
O SEPRONA desprazouse ata o lugar no que denunciaron unha gran mortalidade destes peixes. Unha vez investigado, o servizo non atopou troitas mortas no lugar.
Atalaya Minning reacciona á sentenza de Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía. O tribunal anulou a Autorización Ambiental por mor dunha denuncia de Ecoloxistas en Acción. A multinacional alega que todo se trata de "cuestións formais de carácter administrativo".
Ecoloxistas en Acción alertan que as balsas mineiras modificadas corren risco de romper, como sucedeu cando o desastre ambiental de Aznalcollar.O colectivo tamén carga contra as promesas de emprego vinculadas á mina, que é o principal argumento dos que apoian que se volva a extraer cobre e prata ENTouro.
Os veciños críticos coa mina de Touro reaccionan ao movemento da empresa. Se a mineira acaba de entregar na Xunta novos documentos para tratar de lograr a reapertura, agora a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non pide a caducidade do procedemento administrativo.
Aldea Viva bota en falta a imposición de medidas ao propietario para evitar novas verteduras
Os partidos da oposición no Pino denunciaron "as irregularidades efectuadas por Cobre San Rafael nos seus labores de estudo e sondajes mineiras". Segundo informa o concelleiro Óscar Vilar (PSdeG) a denuncia xa deu lugar a "un expediente de reposición da legalidade" que o Concello do Pino tivo que trasladar á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) da Xunta.
Tal e como está o proxecto, non vai saír adiante. Isto é o que lle dixo a Xunta a Atalaya Minning sobre o seu primeiro plan para reabrir a mina de cobre en Touro - O Pino. Agora, a multinacional contrataca presentando novos informes rubricados, entre outros, polo CSIC e departamentos de universidades do país.
Eurovelo 3 parte de Noruega e ten como destino Compostela nunha ruta que pasa polo municipio de Touro
Aldea Viva denuncia que o Concello de Touro ha inciado a canalización do río Portapego sen autorización de Augas de Galiza
A noticia de que a Xunta non aprobará a mina de Touro - O Pino tal e como está o proxecto actualmente deixouse notar nas accións de Atalaya Minning. A cotización na Bolsa de Londres retrocedeu no que levamos de mes de agosto case un 14% a pesar da entrada no accionariado dun dos grandes gurús dos investimentos en Europa.
"O silencio e a permisividade do alcalde permitiron os desastres ambientais que veñen sucedendo" desde a urbanización da actual área de servizos de Touro, critica Aldea Viva
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria reiterou que o proxecto da mina de Touro a día de hoxe "non é viable".