Novo vídeo-denuncia de contaminación vinculada á mina de Touro
O río Lañas baixando repleto de escuma que desprenden un "cheiro moi forte". Isto é o que se ve nun vídeo-denuncia remitido por un veciño da zona, que o vincula á mina que Atalaya Minning pretende reabrir.

Hai unha semana, a empresa -a través da sociedade instrumental Cobre San Rafael- presumiu de que o SEPRONA inspeccionara o Lañas. Segundo a súa versión, os axentes non atoparon nin rastro da contaminación que previamente levara aos veciños para alertar da morte de troitas.
O novo vídeo da escuma súmase á polémica porque "a realidade dista moito do relato que vende a empresa, un desastre ecolóxico no que a administración, tanto municipal como autonómica, segue de costas aos veciños". O actual grupo que explota a mina acaba de ser sancionado en dúas ocasións por contaminación, por un montante de 50.000 euros.
Escribe o teu comentario