Comité da ONU advirte que reabrir a mina de Touro podería facer que o Camiño de Santiago deixase de ser Patrimonio da Humanidade
Un comité asesor da Unesco denuncia que o proxecto de reapertura da mina de Touro ameaza seriamente a conservación e o futuro do Camiño Francés do Camiño de Santiago. Así o revela a Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago (FICS), citando un documento oficial do organismo consultivo da ONU.
Un comité asesor da Unesco denuncia que o proxecto de reapertura da mina de Touro ameaza seriamente a conservación e o futuro do Camiño Francés do Camiño de Santiago. Así o revela a Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago (FICS), citando un documento oficial dun organismo consultivo da ONU.
Peregrinos no camiño de Santiago
Unha advertencia de calado, dado que o Consello Internacional de Monumentos e Sitios, tamén coñecido como ICOMOS (da sigla en inglés International Council on Monuments and Sites), é o encargado de propoñer os bens culturais que, como o Camiño, gozan da distinción de ser Patrimonio Cultural da Humanidade.
O informe de ICOMOS, citado pola FICS, denuncia que o proxecto supón "unha clara violación das regulacións de protección" do Camiño "contravinindo lexislación -nacional e internacional- en vigor na actualidade". O documento asegura que o proxecto viola "os compromisos adquiridos polo Estado Español cando inscribiu o Camiño na lista de sitios Patrimonio da Humanidade".
ADVERTENCIA
Ante isto, o documento lembra que "a perda dos valores excepcionais polo cales un ben cultural foi incluído na lista de Bens Patrimonio da Humanidade, ou se a administración responsable non recoñece os perigos potenciais ou existentes que afectan o lugar, significa que ese lugar pode ser excluído da lista UNESCO de lugares Patrimonio da Humanidade".
Segundo o documento, a reapertura supoñería a destrución da vía entre os lugares que Quion e Arca, por onde pasan 2,7 millóns de peregrinos ao ano. Ante este "informe técnico", a FIC insiste en que a Xunta debe parar xa a tramitación do expediente de reapertura que promove a multinacional Atalaya Minning, a través da galega Cobre San Rafael.
O goberno galego xa advertiu á empresa que tal e como presentou a documentación non ía aprobar a reapertura. Agora ben, a compañía presentou nova documentación que están a avaliar en San Caetano. Entre os informes iniciais dos técnicos de la Xunta filtrados no seu día non se facía referencia ao Camiño.
A mineira non respondeu por agora ao informe de ICOMOS referenciado desde a FIC.
Escribe o teu comentario