A Xustiza anula a autorización da principal mina da mineira de Touro
Ecoloxistas en Acción alertan que as balsas mineiras modificadas corren risco de romper, como sucedeu cando o desastre ambiental de Aznalcollar.O colectivo tamén carga contra as promesas de emprego vinculadas á mina, que é o principal argumento dos que apoian que se volva a extraer cobre e prata ENTouro.
Duro revés para a empresa que financia a reapertura da mina de cobre en Touro - O Pino. O Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía (TSJA ) acaba de anular a Autorización Ambiental de AtalaYa Minning en Río Tinto.
Balsas de lodos nas minas de Río Tinto, que explota o grupo AtalaYa Minning
A sentencia do TSJA estima a demanda interposta por Ecoloxistas en Acción en 2014. Segundo explican os demandantes, Ecoloxistas en Acción, o motivo é que "se vulneraron as obrigacións de información e os dereitos de participación cidadá". A suposta falta de transparencia da Xunta á hora de tramitar o permiso para reabrir Touro é, precisamente, un dos argumentos dos críticos con Cobre San Rafael, o proxecto que financia Atalaya en Galicia.
IMPACTO NO EMPREGO
Que consecuencias ten a decisión xudicial? En opinión dos ecoloxistas, "a explotación mineira non contaría co permiso ambiental necesario para seguir operando" . Ecoloxistas en Acción alertan que as balsas mineiras modificadas corren risco de romper, como sucedeu cando o desastre ambiental de Aznalcollar.
O colectivo tamén carga contra as promesas de emprego vinculadas á mina, que é o principal argumento dos que apoian que se volva a extraer cobre e prata de Touro. "Os intereses electoralistas primaron sobre a legalidade ambiental, os dereitos de información e participación cidadá e o risco de rotura catastrófica das balsas de lodos, que conteñen 10 veces máis que a balsa de Boliden que rebentou en abril de 1998 en Aznalcóllar", din.
CABE RECURSO DE ALZADA
Nin Cobre San Rafael nin Atalaya Minning pronunciáronse por agora. Río Tinto é o principal activo en funcionamento da multinacional, participada por capital transnacional chinés, suízo e norteamericano. O grupo dispón de 30 días para presentar recurso de alzada.
Escribe o teu comentario