Nova protesta en Santiago contra a mina que ameaza o Camiño
A plataforma veciñal ‘Mina de Touro- O Pino NON’ emitiu un comunicado no que anuncia que celebrará unha concentración o vindeiro domingo 18 de novembro en Santiago de Compostela para protestar pola reapertura da mina.

Baixo a pancarta ‘Repulsa pola reapertura da mina’, a mobilización arrincará ás 12:30 na entrada da Alameda. Esta concentración conta coa autorización do consistorio compostelán.
A ONU alerta que a mina de Touro sepultará parte do Camiño de Santiago orixinal
“Están convidados os veciños de Santiago, as asociacións veciñais, culturais e sociais compostelás e todos os grupos da corporación municipal”, reza o comunicado da plataforma. Esta mobilización está motivada non só polos graves danos ambientais que pode causar a reapertura da mina, senón tamén porque, tal e como sinalou o informe de ICOMOS, organismo ligado á ONU, pode repercutir no propio Camiño de Santiago.
Escribe o teu comentario