Rueda defende o plus aos médicos se axustan a redución das baixas laborais a tempos "#estándar"

O mandatario, cuestionado pola medida, inisiste en que a iniciativa "non é algo novo".


|

O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, preside a reunión do Consello da Xunta. Sala do Consello, 25/05/26.
Ou titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, preside a reunión do Consello da Xunta. Sala do Consello, 25/05/26.

 

A polémica proposta de incorporar un plus de produtividade aos médicos do SERGAS en función da xestión das baixas laborais que fagan os galenos do Servizo Galego de Saúde chegou esta mañá á rolda de prensa de Alfonso Rueda en San Caetano despois da celebración do último Consello da Xunta. 

 

 

"NON ES UNHA NOVIDADE"

Cuestionado sobre esta medida, o mandatario sostén que "non é unha novidade" e defende a súa aplicación considerando que estes incentivos "xa estaban a se aplicar con anterioridade". O presidente autonómico escúdase en que "estaba no contrato de xestión do Sergas para as áreas sanitarias" a proposta que conta co voto negativo do sindicato SIMEGA, da asociación AGAMFEC e dos catro colexios médicos, entre outras voces.

 

 

A continuación, Rueda insiste en que tamén o Instituto Nacional da Seguridade Social (#INSS) "incentiva" esta cuestión e cre que só suscita debate polo "decidido impulso" da Xunta a loitar contra o absentismo. A continuación, enarborou as "cifras" coas que asegura que os resultados en Atención Primaria no relativo á duración de baixas "melloraron sensiblemente" respecto ao ano pasado.

 

Rolda De Prensa Posterior Á Reunión Do Consello Da Xunta
Foto: EP

 

Por outra banda, Rueda asegura que a proposta non pretende "pór en dúbida, nin moitísimo menos" aos médicos do SERGAS, aos que cualificou de "fundamentais", senón que esta proposta persegue o "beneficio de todos" nunha iniciativa que pretende "mellorar os tempos" no servizo.
 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE