Críticos coa mina de Touro piden a caducidade do procedemento
Os veciños críticos coa mina de Touro reaccionan ao movemento da empresa. Se a mineira acaba de entregar na Xunta novos documentos para tratar de lograr a reapertura, agora a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non pide a caducidade do procedemento administrativo.

En opinión do colectivo, é a propia Cobre San Rafael -controlada por Atalaia Minning- a responsable de que o proceso administrativo dilatárase tanto no tempo. Por iso, piden que caduque, o que obrigaría á mineira para empezar de cero.
A petición xa a rexistraron na Xunta, pero tamén a remitiron aos grupos parlamentarios. Nela, lembran que os nove informes xa emitidos por diferentes departamentos da Xunta encontaron deficiencias, polo que a Administración debería aparcar xa a súa tramitación por causa imputable ao interesado e non dar unha nova oportunidade á multinacional para emendar os seus erros.
Escribe o teu comentario